Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Débedas ao Estado

lunes, 15 de octubre de 2018
De cando en cando, os medios informativos recibimos noticias relacionadas coas forzas da orde relativas a brillantes operacions efectuadas para esclarecer fraudes á Seguridade Social e á Facenda Pública por cantidades multimillonarias.

Sen dúbida, con esas grandes operacións, préstase un importante servizo á comunidade, mellórase a imaxe das forzas de seguridade, e serve como posible elemento disuasorio para posibles infractores.

Parece que nestes casos, todos contentos, pero non é así, porque ninguén que teña relación coa Seguridade Social ou con Facenda entende como se pode chegar a esas situacións límite co estricto tratamento que se aplica aos máis modestos debedores.

Cando un autónomo ou pequeno empresario deixa de pagar un prazo de calquera concepto impositivo ou da Seguridade social, entra inmediatamente en fase de recargo, co que se incrementa a débeda nun 20%. Se ten pagos aprazados poden reclamarlle todos xuntos, e se ten algún pendente non lle admiten fraccionamento en calquera outro pago por ter naquel mometo “malos antecedentes”.

Se o impago persiste, embárganse as contas bancarias para cobrar directamente o que os saldos das contas permitan, e o organismo correspondente, que ten datos da facturación da empresa, remite aos principais clientes cartas declarando embargados os pagos pendientes para garantizar o cobro.

Deste xeito, o Estado vai conseguindo cobrar a costa de poñer en apuros á pequena empresa, de impedirlle unha vida normal e atender outros pagos, creándolle un ambiente comercial difícil precisamente cos seus mellores clientes.

E unha vez posta en marcha esa maquinaria, resulta difícil parala, aínda despois do pago, porque as cousas de palacio van amodo, e a administración tarda en enterarse de que está metendo a pata.

Esto pasa con calquera pequeno contribuínte que retrasa uns pagos mínimos. Que como fan os que delinquen para conseguir fraudes millonarios?. Pois iso é o raro, que se deixe que as cousas cheguen tan lonxe sen que o aparato oficial se mova. Quizais porque as grandes empresas teñen algunha bula que se nos escapa; non se vixían coa minuciosidade das pequenas, ou está mellor visto o que non paga millóns ca o que debe un recibo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES