Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambalaches do 2018

miércoles, 17 de octubre de 2018
Cada vez teño máis claro que a vida é un tango. O que non sei se a morte é un pasodobre. A miúdo, a realidade que vivimos reflíctese en poemas doutros tempos e iso amósanos os límites da memoria humana e o fácil que é repetir os erros máis tráxicos da historia.

“Qué el mundo es una porquería ya lo sé, en el 506 y en el 2000 también”. Así empeza un tango que pon negro sobre branco un mundo que vive ao revés, esquecendo o pasado sen construír un futuro e sen saber vivir o presente. Este é o noso Cambalache diario. Xa o dicía Facundo Cabral, cando falaba do ser humano afirmando que “nacer no pide, vivir no sabe, morir no quiere”. Quizais, esta é a nosa gran traxedia, non aprender da propia historia tendo a oportunidade exclusiva de avanzar a partir da mesma.

Estas últimas semanas seguín na 2 unha serie documental sobre a 2ª Guerra Mundial e as ditaduras atroces que caracterizaron a indecencia (como di o tango) do século XX. Un visualiza unha e outra vez a barbarie provocada por Hitler e parécelle imposible que un continente como Europa o deixara campar ata invadir a Francia das liberdades. O imposible pasou e isto non é o peor. O peor é analizalo unha e outra vez e chegar á conclusión de que o imposible pode volver a converterse nun pesadelo real.

Non hai que esquecer nunca que o ascenso do gran Atila do século XX produciuse dun xeito democrático, derivando nun autoritarismo que dinamitou o sistema dende dentro. En diversos países o electorado está coqueteando novamente con estas forzas que parecían destinadas á marxinalidade. Velaí a importancia de indagar unha e outra vez na historia. A importancia de estudar e analizar dende un punto de vista moral o pasado. Nel temos as posibilidades do futuro. Esas posibilidades rétannos a contradicir o tango afastando a historia de Cambalaches “problemáticos e febriles” para iniciar os camiños solidarios da diversidade. De nós depende avanzar cara un mundo libre ou crear un déjà vu sobre a peor traxedia que viviu a humanidade.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES