Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cando as estrelas pasean polas rúas

lunes, 15 de octubre de 2018
A dona Luz Pozo Garza, co gallo do seu nomeamento de filla adoptiva de Viveiro.

Se algunha persoa é merecedora de ser Filla adoptiva de Viveiro, coido que ninguén acada máís méritos que Doña Luz Pozo Garza. Doña Lucita, como chamaban á insigne poetisa os seus alumnos da Minerva, e por ende na cidade de D. Nicomedes. Estamos a falar dos anos sesenta do século pasado.

Por entón, a Señora camiñaba pola rúa De abaixo para educar almas na academia Minerva, leda, lixeira, chea de vitalidade, coa poesía agochada no seu corazón. Víamola pasar e nós, os nenos, que non tiñamos a fortuna de gozar do seu maxisterio, observabámola con ollos namorados sen saber ben se era unha flor, unha estrela ou un sorriso. Porque ela, cecais sen decatarse, engaiolábanos co aire de azahar do seu perfume, con aqueles fermosísimos ollos claros, ou con aquel sorriso doce, tenro e garimoso. O tempo nunca borra os soños dos fermosos anxos e as súas obras.

Pasaron sesenta anos, e a Flor abreu os seus pétalos en exquisitos versos; a luz da Estrela espandeuse polo mundo en verbas sabias, cultas e cheas de amor; o seu sorriso brotou e medrou no medio das feridas, da loita e da incomprensión.

Soupo camiñar cos patíns dos anxos e acariciar os nosos corazóns con soños cheos de amor.

Felicito sinceramente a quenes souperon agradecer isa exquisita sensibilidade con iste nomeamento e remato a miña particular homenaxe con verbas súas:

“Atrás quedou a aldea
A páxina purísima escrita na neve,
O principio da patria,
A pureza inocente que respiran os nenos
E da tempero á alma”

Poema: “AGORA QUE FLORECE A PRIMAVERA”
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES