Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Máis vale previr

jueves, 08 de noviembre de 2007
En xeral temos conciencia dunha relativa seguridade neste mundo noso, de xeito que a sociedade ten programados diversos mecanismos que garanten a convivencia na normalidade e a coordinación no caso de calquera incidente de importancia.

Pero para chegar a esa seguridade compre unha preparación axeitada, que só é posible se se plantean problemas e se buscan simultaneamente solucións, que permitan facerse a idea de como vai ocorrir en caso de catástrofe.

Un experimento de gran importancia tivo lugar hai uns días, cando se planificou un gran simulacro de apagón da rede eléctrica que a partir do noso país afectou a toda a península ibérica.

Desde As Pontes, entidades portuguesas e españolas colaboraron neste simulacro, de xeito que un apagón orixinado arredor das nove da mañá cortou todo o subministro de enerxía na Península, poñendo a traballar ó persoal das Redes Eléctricas dos dous estados que lograron solucionar o problema ás dúas e media da tarde.

Era só un simulacro pero fixo que os técnicos destas empresas desplegaran todos os seus recursos e se comportaran como terían que facelo no caso dunha catástrofe.

Non é doado que un problema así se produza, pero no caso de que así fose, os técnicos e as autoridades saben como comportarse para darlle solución.

Tamén neste caso máis vale previr. Non é doado que pasen determinados accidentes ou atentados. Pero no caso de que ocorran, atoparannos preparados.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES