Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A luz de Eduardo Ochoa

miércoles, 07 de noviembre de 2007
Eduardo Ochoa é un fotógrafo vocacional que une o dominio técnico á mirada artística. A súa estética comezou caracterizándose por unha abstracción rigorosamente expresionista, na que predominaban os contrastes de luces, os volumes arquitectónicos, as formas xeométricas e os obxectos inanimados. Mais, co tempo, sen abandonar nunca o seu estilo, foi componiendo un universo de paisaxes, obxectos, retratos, e espidos de gran riqueza temática e expresiva.

Así o acreditan as súas exposicións individuais, de concepción monográfica, "Ecuacións", "Deriva", "Miradas", "Arborescencias", "Inminencias" e tamén decenas das súas colaboracións en mostras colectivas, catálogos, libros, discos, revistas e postais das máis variadas condicións e procedencias. Lugo foi testemuña de moitas delas e tamén do seu encomiable labor como director de Mostras Fotográficas, recuperador da memoria visual pretérita e profesor de cursos de fotografía.

Agora ben, como fotógrafo, Eduardo Ochoa é un artista que sabe crear con luz o que non vemos e devolver ao mundo o que nel hai: revelación do misterio e do coñecemento. Porque soamente coa iluminación do misterio e do coñecemento a un tempo se alcanza a beleza das fotografías de Ochoa.

Eduardo Ochoa ten participado en múltiples exposicións en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo, Madrid, Murcia, Zarautz, Viana do Castelo..., así como recibido numerosos premios.

Publicou nos catálogos da Primeira e Segunda Fotobienal de Vigo, O Mar, Ollares no Tempo, Outono Fotográfico, Primeira Bienal Lucense, Univerfoto, Torre Luzea, Estructuras, Da Agrupación Fotográfica ó Grupo Fonmiñá, Ourense en pé de foto, Olladas, etc...

Tamén é autor das fotografías que integran os libros Lugo Blues, Meta-relatos, Catro por Vinte, Vilalba, O ouro prerromano na Provincia de Lugo e Descubrir Lugo. Así mesmo participa con fotografías propias nas obras homenaxe Doce anos na búsqueda da nosa identidade, Cara ó Miño, Os mundos de Claudio Rodríguez Fer, Vintecinco anos de labor cultural en Ourense e Librería Alonso 1863-2000. Por outra parte, obras súas foron publicadas en Arte Fotográfico, Unión Libre, 40 por 50, Kamara, Objectif, Artesonado, Entremuros, Obradoiro, Vers Compostelle... Referencias á súa obra aparecen en publicacións como Homenaggem a Eduardo Lourenço, Novelas como álbumes, Historia y Comunicación Social, Unión Libre e Luzes de Galiza. Fotos súas foron collidas para portadas de libros, discos, postais, así como para numerosos carteis.

En 1991 gañou a Bolsa da Delegación de Cultura de 250.000 pesetas para a realización do proxecto Lugo e a provincia en cen visións. Nese mesmo ano foi seleccionado no proxecto "Catro Direccións. Fotografía Contemporánea Española. 1970-1990". E no 2000 a súa obra foi recollida na colección Fotógrafos fin de milenio, no volume 3, Fotógrafos de España. No ano 2007 foi un dos doce fotógrafos seleccionados para a realización do Calendario de Caixa Galicia.

Entre as súas principias exposicións individuais están: Ecuacións (A Coruña, 1988), Deriva (Ourense, 1999), Miradas (Lugo, 2002), Arborescencias (Lugo, 2005) e Inminencias (Ferrol, 2007).
Rodríguez Fer, Claudio
Rodríguez Fer, Claudio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania