Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O eixo interior

miércoles, 07 de noviembre de 2007
Díxoo Touriño: O ano que ven contaremos co eixo interior para o desenvolvemento de Galicia. E quixeramos crelo.

Porque aquí temos falado de Galicia do leste e Galicia do Oeste, da Galicia pobre e da Galicia rica.

A Galicia rica está marcada por un eixo -O eixo Atlántico- que une Ferrol con Vigo, pasando por A Coruña, Santiago e Pontevedra. Da Galicia interior non se lembra case ninguén, pero agora ven de facelo Pérez Touriño anunciando un investimento de 331 millóns de euros no próximo ano, para poder contar como solución agardada e urxente, cun novo eixo de desenvolvemento, que vai de Ferrol a Verín, cruzando Galicia, pasando por Vilalba, Lugo e Ourense.

Este eixo contemplará, primeiro, a construcción de infraestructuras viarias, logo a creación de solo industrial, e finalmente dotación de servicios. O Presidente anunciouno en Monterroso, onde asistiu á tradicional Feira de Santos.

Benvida damos ó eixo interior, agardando que os que nel “viaxen” no futuro, o fagan camiñando firmemente hacia o progreso sabendo que un territorio precisa complicar a rede de estradas para fomentar a distribución de riqueza e traballo.
¡Que todos o vexamos axiña!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES