No libro Caminos y Caminantes de A Mariña, o escritor e xornalista barreirense Xesús Otero Pérez, Suso do Siñeiro, benquerido amigo, finado hai un par de anos, ten unha lembranza para o que, en tempos, fora lugar de efervescente actividade industrial e comercial: A Espiñeira.
Nela aserradoiros, talleres mecánicos, muíños; almacéns de variado xénero; exportación de madeiras e asteleiros, marcaron con significativos trazos, una era con sólida aportación al reforzamiento socio-económico de la comarca
; e sitúa o seu esplendor, nos primeiros anos do S.XX.
O 8 de setembro de 1913, o concello de Foz remitía escrito a Fomento, interesando a construcción dun muelle para depósito de mercadurías naquel punto, que xa fora habilitado por Real Orde; pedindo, ademais, que se anunciase a subasta da vía que comunicaría este porto, xa declarado de interese xeral,coa estrada Ribadeo-Viveiro.
Acaso, e mercede ás fotos que, ó longo do tempo, foran publicadas da actividade dos asteleiros en Foz, e ás que, por moitos anos, penduraban en locais comerciais,quedou como paradigma, na memoria colectiva, a botadura do Espiñeira-Mondoñedo, alí construido para a casa armadora Sociedad Mindoniense de Cabotaxe.
O periódico mindonienseJusticia (3.9.1920),informaba da excursión que con tal motivo se orgaizou dende aquela cidade:
en el coche del popular Botes se fueron colocando los excursionistas que llenaron el ómnibus, que cabeceaba, por el enorme peso que llevaba en la baca
Bellísimas señoras y señoritas, elegantemente ataviadas, realzaban el acto con su presencia: parecía un jardín de frescas y lozanas flores, en medio de la umbría, perdidas entre riscos
decía o xornal.

O acto foi todo un acontecemento social, do que particicipou unha multitude de persoas, segundo testemuños gráficos e literarios da época. "Desde Cillero hemos divisado en la popa del barco la bandera roja y oro que ha paseado los mares, llevando a las cinco partes del mundo el genio de la raza en los nombres de Cristóbal Colón, Hernán Cortés, Vasco de Balboa, Solís y muchos otros nautas y conquistadores
.
Describe o xornal o entusiasmo dos presentes, cando dona Dolores Basanta, de Reimunde, rociou o casco co champagne. Los ¡¡hurras...!! y los aplausos, mezclados con las músicas, rasgaban el espacio, contagiando la alegría a la enorme multitud que se hallaba congregada a una y otra banda de la ría .. La comparsa de gaiteros Os Veiga, que tocan La Alborada; la banda de instrumentos de metal , que lanza las estridentes notas de la Marcha Real
A bordo foi servido un espléndido lunch, do que se encargou Xesús Cageao, Papaíto, e correron o café e os licores: doces, pastas, chastreuse, xerez, coñac, champagne, refrescos; habanos; todo con gran prodigalidade; sen destinción de persoas nen de crases, para rematar cun baile para a mocidade, amenizado pola comparsa e a banda
Ô lusco-fusco iníciase o desfile; antes, o elocuente orador e ilustre abogado, don Antonio Maseda Bouso pronunciara un breve discurso e dixera, entre outras elocuentes frases: este barco que va a surcar los mares, es el grano de arena con el que se irá formando la montaña de nuestra regeneración nacional
.
Foi éste, sen dúbida, un fito na faceta navieira focega que, como dixemos, quedou na memoria popular. Ao cronista prácelle espallar o feito singular, lúdico e festexeiro; mesmo insólito, polo dispendio, desusado en tempos de tódalas carencias (
hai, xusto, un século), que poñía contrapunto á historia triste, por dramática, do noso mar ; hai xa tempo definitivamente extinguida e, polo tanto frustrante, para o devir socio-económico dun pobo da fonda tradición náutico-pesqueira e de cabotaxe, coma Foz...
(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz).