Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Porcos trufeiros

miércoles, 10 de octubre de 2018
Esta semana un amigo contoume unha historia que non podo evitar difundir. O meu amigo, autónomo de profesión, foi á súa sucursal bancaria a falar coa súa xestora de nome R.

Tras pulsar na cara de R, saíu un número e espero a que na pantalla dixital saíse, tal cal unha charcutería. Despois duns minutos saíu o número e achegouse a unha destas mesas de reunións onde esta entidade bancaria fai que un fale das súas miserias diante do resto clientes do banco.

O meu amigo xa, despois de tantos anos como empresario, non ten vergoña e directamente díxolle en voz alta que ese día lle entraba un imposto aprazado e tamén unha remesa de cobros e que desexaba comprobar si o imposto estaba cargado e si se prevía que lle abonasen o diñeiro antes para facer fronte ao pago.

R, moi riseira, triunfante, colleu a tablet e indícolle que o imposto estaba rexeitado, e diante da mirada asasina do meu amigo corrixiuse, indicando que rexeitado non pero que non se cargou xa que faltaban trinta euros para afrontar a cantidade pendente de cargar e que por tanto tiña até as 14:00 para ingresar esa diferenza ou llo rexeitarían.

O meu amigo lembroulle que tiña pendente para ese mesmo día o abono dunha importante cantidade en conta e pediulle a R si podería comprobar si era asi. Nesta ocasión, R xa nin colleu a tablet, simplemente indicoulle que non podía ver esas cuestiones pero que probablemente si non estaba xa en conta non chegase a tempo e o imposto sería rexeitado.

O meu amigo, xa un tanto irritado, pero mantendo a calma díxolle que lle cargasen o imposto deixando temporalmente a conta en descuberto, en trinta euros e que cando chegase o ingreso se regularizaria . Nese momento, a R cámbiolle a expresión e tal e como mo afirmou o meu amigo púxoselle cara de…

Porco Trufeiro, engurrou o nariz, ensinou os caninos e con voz rouca afirmou que como o mes pasado reclamara ao defensor do cliente do banco unhas comisións por descuberto e que estas lle foron devoltas por irregulares non lle ían permitir nin un euro de descuberto máis. O meu amigo sorriu e dixo en voz moi alta (a sucursal fórase enchendo): R, estás a dicirme que como fixen uso dun dereito como cliente ante o banco por unhas comisións que non me correspondían e como o banco me deu a razón, vasme castigar?

R xa non sorriu, un tanto turbada, deu unhas incoherentes explicacións dando por finalizada a reunión.

Finalmente o meu amigo liquidou a situación xa que o ingreso chegou á media hora tendo saldo suficiente para afrontar as obrigacións impositivas de Facenda pero quedo un resaibo amargo.

As entidades bancarias abusan do cliente con comisións excesivas ou irregulares, con todo si o cliente presenta reclamación, por escrito, o departamento correspondente da mesma entidade dálle a razón devolvéndolle as cantidades indebidamente cobradas. Os xestores da sucursal permítense tomar represalias de forma ejemplarizante.

Sabes, querido lector o motivo? , porque nesas comisións irregulares está en moitos casos o beneficio da entidade , da sucursal; co diñeiro a tipos negativos , non gañan nada en prestar, pouco, e onde gañan son nas comisións de mantemento , descuberto, cancelación de conta e un longo etc. A maioría delas inxustificadas ou pouco claras, pero aplicadas. Ante iso o cliente pode reclamar mediante escrito ao propio banco e si a contestación non lle satisfai ante o propio banco de España. Isto non gusta á sucursal xa que en moitas ocasións teñen que devolver o indebidamente cobrado e si son moitas as reclamacións pódenlles meter unha auditoria de servizo.

Por tanto o que fan en moitas ocasións é penalizar ao cliente, o o do meu amigo foi un mero exemplo da actitude de certos porcos trufeiros.

Isto pinta moi mal. A ver que pasa...
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES