Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A seguir cobrando!

lunes, 08 de octubre de 2018
Recuncho Hebdomadario
A seguir cobrando!

Cada vez estou máis alucinado coa xustiza española. O nome de xustiza, en por si, xa é un dicir. Resulta que o xuíz Francisco Javier Martínez Derqui está sendo investigado despois de insultar a unha maltratada. Investigado. Repito: investigado. A ver, a ver; hai un vídeo no que se oen os insultos e... ten que ser investigado! Veña xa! Pero que A seguir cobrando!xustiza é esta! Dereitiño ó caldeiro, á cadea! Sen máis andrómenas! Pero non, a xustiza española vai perder o tempo investigando ó que xa está investigado. Ó final, diranlle que descanse un ou dous meses e que volva a impartir xustiza, que en España esta é xusta, moi xusta, moi legal.

O ministro de Fomento, José Luis Ábalos di que “é verdade que Galicia pode ser un dos territorios máis castigados por peaxes. Hai que negociar”. Hai que darlle o seu mérito por recoñecer as nosas adversidades; pero non, por favor, nada de negociar con nada. Acabaremos pagando aínda máis. Cada vez que alguén do Goberno español, de calquera lexislatura, mira para Galicia é para fundirnos aínda máis. E xa nos chega ben con que nos fundan os nosos propios paisanos políticos.

Alcaldes de seis cidades ganan máis có presidente do Goberno. A min iso non me preocupa. A min o que me preocupa é que, tanto uns coma outros, ganan demasiado. E moitos deles... para o que fan. E moitos deles... para ser logo acusados de corruptos ou prevaricación, de falsificación ou de suborno. Isto si é indignante; que ganando o que ganan aínda queiran ganar máis... de malas maneiras. Despois, se se che dá por pegarlle unha ollada ás listas, ves cada posición dalgún alcalde que aloulas, que pasmas de verdade. Alcaldes de concellos practicamente despoboados ganando máis, pero moito máis, que algún incluso de cidade. Alcaldes, si, de cidades ganando máis, moito máis que presidentes de Comunidades Autónomas ou, como dicía o titular, máis que o propio presidente do Goberno. Soldos que lles pagan os censados, os cales, despois, vén como os camiños están cheos de bulleiro ou as rúas feitas un caos ou os parques sen aparellos ou incluso os plenos sen debate. Para que? Os de maioría absoluta alzan as mans para botar e... aquí paz e despois gloria. A seguir cobrando!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES