Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 05 de octubre de 2018
Que non esborralle
Hai uns días asomou neste mesmo xornal unha nova sobre a “resurrección” das antigas escolas das aldeas e das vilas da nosa provincia grazas á invasión dos velorios e locais sociais. E as que xa se perderon? Pasa coma con todo: que sempre se actúa tarde, mal e nunca. Pero é certo que as que quedan, por sorte, empezan a servir para algo. Aínda que só sexa para un roto. Polo menos valen para algo. A min non me sae da cabeza o cárcere de Ourense e o colexio de Os Milagres, así de primeiras. Dous edificios que, como non se lle poña axiña remedio, acabarán derruídos. Do cárcere de Ourense só coñezo a súa estrutura. Pero de Os Milagres... alí vivín oito anos e sei da súa inmensidade, das súas divisións, das súas salas, dos seus salóns, das súas aulas. Só nas aulas poderíanse facer o demo de cousas. Que importa que algunha vez ó ano se xunte xente para tal o cal reunión, ou asemblea, ou conferencia, ou charla; se só se vai celebrar nun salón, nunha sala. E o resto do colexio? Hai que pensar que aí collían, como mínimo, 400 rapaces. Non digo en que podería usarse toda esa mole de edificio. Porque me dá igual. O caso é usalo para algo. Simplemente para que non se esborralle. Porque aí hai un edificio inmenso. E aínda aproveitable.
Pingas de Orballo
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES