Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O terceiro poder

martes, 06 de noviembre de 2007
Na doctrina tradicional da división de poderes, o primeiro sería o Lexislativo, o segundo o Executivo, e o terceiro o Xudicial. A nós, www.galiciadigital.com, tocaríanos pertencer ó cuarto poder -os medios informativos- aínda que os tres primeiros están instituídos oficialmente e o cuarto foi tomando papel, cada vez máis importante, na sociedade máis de facto que de iure.

Os poderes non son compartimentos pechados, e cada un procura influir noutro na medida que o seu exercizo o vai permitindo, sendo o Xudicial o que máis pode verse afectado pola acción do Executivo, e naturalmente do Lexislativo do que é complemento ou consecuencia.

Pero o estamento xudicial en Galicia non pode exercer como debera, pola saturación que existe nos xulgados, segundo recoñece o Consejo General del Poder Judicial na súa memoria, que sinala que en Galicia quedan pendientes de resolución máis de trescentos cincuenta asuntos diarios, o que convirte á nosa Comunidade na cuarta de España con maior atasco xudicial a pesar de non estar entre as máis litixiosas do Estado.

Precisamos dun terceiro poder áxil, independente, xusto, á medida da sociedade de hoxe. E ninguén dubida da independencia e da xustiza das decisións, pero se non é áxil non está á altura da nosa sociedade, polo que a xustiza en Galicia seguirá a ser lenta, co que será menos xusta.

Á xustiza hai que dotala de maiores medios humanos e técnicos para que poida prestar o servizo que dela se agarda en tempo e forma, de xeito que as decisións que tome, ademáis de ser xustas, poidan ser executadas para que beneficien no momento xusto a quen deban beneficiar. Todo o demáis é inxustiza.
E ser inxustos coa xustiza é malo para os gobernantes, para a xustiza e para o país.

O terceiro poder debe poder exercelo con plenitude. E con rapidez.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania