Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estampas 'divinas'

jueves, 04 de octubre de 2018
Non hai moito tempo as nosas casas estaban cheas de estampas de santos, de imaxes da Jesús, da Virxe María…

Servían para marcar páxinas, para colgar na parede, para rezar xaculatorias, para alimenta-la nosa espiritualidade.

En calquera libreiría encontrabas estampas de todo tipo.

Hoxe en día penso que, sacado as librerías propiamente relixiosas, en poucos máis lugares poden verse.
Unha lástima porque nin Deus nin os santos deberían molestar a ninguén.
Pero a vida vai como vai.

Cada período da historia ten as súas luces e as súas sombras.
Só o paso do tempo pon as cosas no seu sitio.

Hoxe quero escribir algo sobre ESTAMPAS DE CARNE E ÓSO.
ESTAMPAS VIVAS.
ESTAMPAS FEITAS VIDA E VIDA MOI AGRADABLE.

A primeira trátase dunha señora de avanzada idade que deixa gozado moito das augas cristalinas e frescas da praia da súa vida.
Este inverno pasado, unha enfermidade deixouna en silla de rodas.
O médico díxolle que nunca máis podería estar de pé.
¡Mala sorte!
¡Paciencia!

Xa pensou que nunca máis volvería á súa praia preferida, pero un bo día tivo quen a acercara ó lugar, aínda que só fora para poder recrear a vista.

Desde a altura divisaba as suaves ondas daquelas augas cristalinas, as persoas que disfrutaban co baño, as criaturas que xogaban na area...
Quizais pensaría no que deixou disfrutado, nos gratos recordos daquel lugar; cando:
Unha das súascompañeiras de praia de tempos pasados puido albiscala ó lonxe, recoñecela –que xa estaba bastante desmellorada- e:
¡Instintivamente correu a noticia ó grupo!

En décimas de segundo todas estábamos saudando e abrazando cariñosamente á nonaxenaria no “seu trono”, mentres pensábamos o mesmo.
“METELA NA AUGA”
Non fixo falta dicir nada:
Os brazos dalgunhas fixeron de padiola improvisada.
Outras collianlle as súas delicadas maíñas que só eran pel e óso.
Outras acariciábanlle os peíños mentres a auga ía penetrando polos seus poros entre as enrugas da súa delicada pel.
Todo un espectáculo digno de loubanza.

A nonaxenaria viu cumprido un soño que non imaxinaba.
Unha auténtica estampa “divina”.
A min tocoume de contemplar aquela entrañable escea porque a miña saúde física non me permitía facer nada máis que mostrarlle verbalmente o meu afecto á súa persoa.

O Amor de Deus manifestábase palpablemente no cariño e a tenrura que recibía aquela anciá.

Unha estampa, unha imaxe que quedou grabada en moitas mentes que admiradas contemplaban unha escea cargada de cariño e tenrura.
¡Que bonito!
¡Canto amor pode dar o corazón humano!

A segunda estampa tamén era preciosa aínda que non tan espectacular.
Na mesma praia, poucos días despois:
Un FILLO de mediana idade paseaba sobre as tranquilas augas mariñas á súa naiciña querida collida por debaixo dos brazos, mentres esta sacudía lixeiramente as súas reumáticas perniñas cos xeonllos notoriamente hinchados.
¡Que ben lle sentaría a aquela naiciña ir en brazos do seufillo da alma!
¡Canto amor lle manifestaba aquel fillo!

Seguramente lle pesaría bastante, porque a señora non era das delgadas.
O fillo tamén era fortachón e semellábase moito á súa mamá.
¿Cantos fillos fan eso?
Non o sei, pero eu na praia non vin ningún caso máis.
¿Non é esta outra estampa “divina”?
No primeiro caso o valor da amistade e no segundo o dun fillo exemplar.
¡Un fillo modélico!

ÁMBOLOS DOUS CASOS CARGADOS DE CARIÑO, TENRURA E DELICADEZA: AMOR.
¡Qué agradecidas deberon verse ámbalas dúas anciás!

¡QUÉ CORAZÓN TAN GRANDE O DAS PERSOAS QUE SE BRINDAN PARA FACER OBRAS ASÍ!
¿Hai algo máis grande que o AMOR?
¿HAI ALGO MELLOR QUE GASTA-LA VIDA AMANDO?
Cando se contemplan estampas así, faltan palabras para manifestar o que se sente.
¡UNHAS VIVENCIAS IMPACTANTES!

Un broche de ouro para unhas vacacións ben disfrutadas.

Hoxe a Igrexa Católica celebra a festividade de SAN FANCISCO DE ASÍS, penso que a el lle gustará moito que sigamos amando tenramente ás criaturas, empezando polas humanas.

Agora toca cambio de estación.

“OUTRA ETAPA A SUPERAR”

Moitas grazas a tódalas persoas de bo corazón e moitasgrazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES