Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alcaldes de vivos e mortos

miércoles, 03 de octubre de 2018
Os antropólogos recoñecen nas entidades locais a existencia de dúas parroquias: a dos vivos e, dentro delas, a dos mortos, os cemiterios, recintos sacrosánticos. Neses espazos está depositada a memoria colectiva dos devanceiros, que se identifican nas lápidas escritas maioritariamente en castelán, idioma que nunca falaron cos seus familiares e veciños que seguen a ser maioritariamente galegofalantes.

É difícil comprender o drama da renuncia á lingua dun pobo precisamente no tránsito da vida á morte. Pero é tan evidente esta anomalía cultural que os concellos deben exercer o seu maxisterio para emprender accións encamiñadas a emendar estas sinerxias históricas da renuncia á lingua propia nos espazos da memoria.

Os alcaldes sóno das parroquias de vivos pero tamén das dos mortos que o marco normativo regula. Velaí a Lei 151/2014, de sanidade mortuoria de Galicia e as ordenanzas municipais regulamentadoras da taxa polos servizos dos cemiterios. As administracións municipais no uso das súas competencias xestionan eses espazos e o seu permanente decoro. Non todos os cemiterios son municipais. Máis de tres mil cincocentos son parroquiais, xestionados pola igrexa ou as comunidades veciñais.

Pero estas están baixo a xurisdición administrativa das entidades locais e, xa que logo, suxeitos que dependen das accións da política institucional.

Os concellos como entidades básicas da administración, as que están máis próximas á cidadanía, deben execer o maxisterio pedagóxico necesario para crearen conciencia cívica, procurando a cohesión social. A cultura e a lingua son medios que a facilitan. De aí que a lexislación lles atribúa aos Concellos esa competencia artellando alternativas para o fomento e uso da lingua galega en todas as ordes da vida social.

É un mandato legal recollido no Estatuto de Autonomía, na Lei de Normalización Lingüística e noutras disposicións do ordenamento xurídico.

A Asociación de Funcionarios para a Normalizacion Lingüística (AFNLG) vén de enviarlles aos rexedores municipais dos trescentos quince concellos a proposta de celebraren o día Día da Restauración da Memoria Lingüística nas semanas anteriores á celebración do Día de Defuntos. Durante os últimos vinte anos celebraron en colaboración de moitísimos concellos actos nos camposantos para deixar constancia, coa colocación dunha placa na porta de entrada a eses recintos, o recoñecemento ao legado cultural que nos deixaron os que moran ali “Na memoria das persoas que xacen aquí, porque grazas a eles Galicia segue a ter cultura e lingua de seu”. Nalgúns casos, cos permisos das familias, procédese a cambiar a lápida en castelán por outra en galego, para facer xustiza a súa memoria lingüística.

Parello a este formato de acto celebraranse outros coa sinatura da Declaración de Vontades no que os participantes deixen constancia, de que, chegado o momento do seu falacemento, as súas exequias fúnebres se celebren en lingua galega ou do contrario en silencio.

Este ano a AFNLG, a través das redes sociais, lanzará unha campaña publicitaria “Deixa en herdanza a túa lingua.” animando á cidadanía a incluír nos testamentos unha manda testamentarias con contidos culturais demandándolles aos seus herdeiros o amor pola lingua e a cultura galegas, dando así continuidade ás que se recollen publicadas nos volúmes editados co título “En galego, agora e sempre” (http://www.galeguizargalicia.com.).

Coa colaboración dos concellos e das entidades socioculturais parroquiais, poderemos restaurar unha anomalía cultural para que a lingua da memoria sexa a auténtica e non a imposta por uns constumes que nos desnaturaliza ante a historia.

(Xosé González Martínez é Presidente do Foro E. Peinador)
González Martínez, Xosé
González Martínez, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania