Hoxe, Día internacional dos Maiores
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 01 de octubre de 2018
Desgraciadamente, na sociedade actual o colectivo da denominada terceira idade converteuse nun grupo marxinado malia que vai camiño de ser o máis numeroso dentro da sociedade polo fenómeno do envellecemento da poboación. Por iso, consideramos imprescindible a posta en marcha de iniciativas que promovan non só a inserción social dos nosos maiores, senón tamén o aproveitamento da inmensa riqueza que supón a súa experiencia.
A reinvindicación da ancianidade (término máis humano e menos científico que o de "terceira idade"), faise cada vez máis patente nun mundo que non se dá conta do papel trascendental que cumpren as persoas maiores na boa marcha do sistema social. A discriminación dos maiores é un indesexable fenómeno que deber ser erradicado dunha sociedade aberta e solidaria como a que se constrúe día a día en Galicia. Con esta vocación naceu o CONSELLO DE ANCIÁNS, de Maiores e moi especialmente A UNED SENIOR.
Desde 1993, vénse celebrando unha xornada anual dedicada aos maiores, baixo o lema de "Saber envellecer", pretendendo que asumisen as limitacións que conleva a súa idade e soubesen apreciar as vantaxes que ofrece. Nos últimos anos, esta iniciativa servía ao mesmo tempo para reflexionar sobre a escasa utilización, por parte da sociedade, dun bagaxe intelectual inmenso, e a experiencia dun colectivo que ten desexos de seguir participando activamente na sociedade por dereito propio
PEDIMOS que as decisións políticas conten tamén co sentir das persoas maiores, un colectivo que merece un gran respecto; que sirvan desde a súa experiencia para asesorar e aconsellar a institucións públicas e privadas, de ámbito parroquial, local ou comarcal.
CONSELLOS DE ANCIÁNS, MAIORES E A UNED SENIOR tratarán de contribuír ao desenvolvemento integral das persoas, en especial anciás e que para alcanzar este obxectivo PROGRAMARÁN e levarán a cabo (commo veñen acendo desde 2000) actividades, entre as que se inclúen: sesións de traballo, clases, cursos de divulgación, proxeccións, concursos e actos de carácter análogo.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora