Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 03 de octubre de 2018
Denuncia por abandono en 1912

Despois das típicas aventuras e, en maior medida, penalidades que o meu pai pasou na Guerra Civil Española, a súa conversa preferida era sobre a sega do pan en Castela. Dos segadores axiña souben por Rosalía de Castro e polo meu propio pai que o seu oficio, a súa Pingas de Orballoactividade tamén tiña as súas aventuras e penalidades. E se non, aí está a noticia que apareceu o 6 de setembro de 1912 nun xornal da nosa terra, na que se narraba que no pobo de Sáa, en Paderne de Allariz, un tal Ramón Borrajo Gallego reclamoulle á autoridade competente a busca dos seus fillos Higinio e José, que facía vinte meses que os deixara a cargo do veciño de Baños de Molgas, Ángel González, para exercer o oficio de segadores. Semella que o tal individuo molgués os deixou tirados e, imaxino, coma os bois no monte, é dicir, quitándolles primeiro as asaduras ou, como se adoita dicir, en pelota picada. A sega do pan en Castela non foi moco de pavo. O que non entendo é como Ramón Borrajo tardou case dous anos en denunciar os feitos. A día de hoxe non sei en que quedou o asunto, pero as anécdotas do meu pai son migallas de pan en comparación co caso de abandono dos dous rapaces.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES