Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Transporte 'non' público

martes, 02 de octubre de 2018
Hoxe quero falar do transporte, do transporte “non” público porque por público enténdese “algo accesible para calquera persoa” e a accesibilidade universal nos diferentes medios queda aínda moi lonxe. Sen embargo, a lexislación contempla que debe facer posible que todas as persoas, repito todas, poidan exercer o seu dereito á mobilidade sen ter que valerse só dos medios privados e nas mesmas condicións de seguridade e comodidade. Son palabras do Real Decreto 1544/2007.

Non podemos negar unha sociedade máis concienciada, pero algo tan común como desprazarse para ir ao traballo, dar un paseo, facer compras ou simplemente viaxar… son actividades do día a día que, no caso das persoas con problemas de mobilidade, impiden levar unha vida en igualdade de condicións e limitan a súa autonomía, a súa liberdade.

Ven de rematar a “Semana Europea da Mobilidade” que incluía un “Día sen coches”. Unha das finalidades, a parte de potenciar o coidado do medio ambiente, era comprobar como funcionan os medios de transporte públicos e probar novos medios de desprazamento. E aquí é donde quería pararme porque, aínda compartindo a iniciativa, poucos podemos sumarnos a ela, xa que non podemos participar como o resto dos cidadáns na vida social, incluíndo movilizacións como pode ser a “Semana Europea da Mobilidade”.

Cun transporte público accesible claro que se podería prescindir máis do coche particular. Ademais vivir cunha diversidade funcional ten un sobrecuste que, de seguro, pasa desapercibido. Por exemplo, os nosos coches, aínda cunha reducción do IVE, son de por si moito máis caros porque calquera adaptación loxicamente debe estar homologada e iso hai que pagalo e en España moito máis.

A accesibilidade non se limita a ramplas ou ascensores. No transporte é un concepto amplo que fai referencia tanto ás instalacións como aos propios. Abondan contradicións como encontrar estacións con bos accesos, pero logo non se pode subir ao autobús ou ao tren. E xa non digamos viaxar en parella ou en grupo como se denunciaba hai uns días nos medios de comunicación. Tamén é fácil que se nos diga que non quedan prazas libres, algo que non podemos comprobar, ou que só haxa prazas en temporada baixa.
Resumindo, un dereito máis vulnerado!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES