Díaz Castro e NPG Nova Poesía Guitirica conmemorarán o día 5 de outubro o 28 cabodano do pasamento do poeta e o terceiro ano da criación do grupo poético co concerto de Xardín Desordenado na casa escola Habaneira de Guitiriz.

Ás nove da noite do próximo venres o prestixioso grupo vigués actuará por primeira vez na Terra Chá da man de Os Vilares lareira de soños, NPG e CulturaliaGZ nun concerto que repasará os seus nove anos de vida e no que non faltarán pezas poético musicais de Díaz Castro, Darío Xohán Cabana ou Manuel María. Carlos Casares, María Victoria Moreno e poetas novos terán tamén protagonismo nesta actuación que forma parte da súa xira "A Victoria da luz".
Santiago Ferragud, Isaac Garabatos e Marlene Guterres deleitarán ao público coas versións musicais d@s mellores poetas galeg@s que tanta sona e prestixio lles está a dar no país e fora del.
Unha oportunidade única de disfrutar da mellor poesía galega con unha excelente música e unha fantástica voz feminina ademais de lembrar ao noso poeta e celebrar a creación dun grupo, a NPG que non deixa de manter acesa a chama poética desde a parroquia de Diaz Castro e que tantas satisfaccións está a dar nestes três anos de vida.
Animádevos pois, a asistir ao concerto coa entrada gratuíta e abride os sentidos.
Venres, 5 de Outubro ás 21:00 horas na Casa Habaneira de Guitiriz dentro do programa #DoTrinque: XARDÍN DESORDENADO!