Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Dinamismo electoral

lunes, 05 de noviembre de 2007
Está en marcha a pesada maquinaria dos partidos políticos que o próximo mes de marzo van loitar por situar os seus representantes nos escanos do Parlamento español.

Incluíndose nesta acción os partidos de acreditada traxectoria, outros que están en formación, e as listas de independentes que toda convocatoria electoral fai xurdir case sempre con nulo resultado práctico.

O dinamismo hai que entendelo, ademáis do existente nos grupos políticos participantes, o que se xenera no corpo electoral que ten unha natural evolución, na que causan baixa os que deixaron de figurar entre os vivos, e son alta os que alcanza a maioría de idade entre unha consulta electoral e a anterior.

Hai outro dinamismo máis, que é o que os políticos manexan, incluíndo no censo de votantes ós descendentes de emigrantes galegos que vivan no exterior, para incorporalos ós procesos que aquí decidirán xeitos de gobernar e ideoloxías imperantes. Pero este dinámico proceso non parece pecharse nunca de todo.

Falta un consenso permanente sobre este importante aspecto da nosa convivencia democrática, especialmente en Galicia que foi terra de emigración e polo tanto está chamada a recibir numerosos votantes e posibles inmigrantes nunha volta á patria sempre desexada.

Pérez Touriño ven de pronunciarse sobre o tema ó afirmar que non cre que os fillos de emigrantes deban votar nas eleccións municipais, aínda que sí nas outras. Aí está o debate, sempre aberto, dinamismo electoral, cuestión pendiente, que hai que pechar dunha vez por todas para que todos –partidos políticos, votantes de fóra e votantes da diáspora- saibamos a que aternos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania