Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: ¡Máis incoherencias!

sábado, 03 de noviembre de 2007
Vimos de celebrar unha semana chea de acontecementos e de “feitos históricos”. Lembramos:
a beatificación dos 498 mártires do século XX, a Lei da memoria histórica, a sentencia da masacre do 11-M e a celebración da Gran Festa de Todos os Santos. (Os nosos defuntos son os nosos Santos) Acontecementos que tiñan de ser testemuñas vivas e gozosas dunha xa madura democracia e da tamén consolidada e forte liberdade relixiosa e que se converteron en escandalosas e repugnantes liortas entre partidos. Moitos de nós sentimos vergoña allea ante semellante e tamén repugnante e absurdo espectáculo.

Velaí graves incoherencias: a dos que lles parece moi mal (“por inútil, innecesaria e inoportuna”) a “lei da memoria histórica“ e a aproveitan para devolverlles a honra e a dignidade aos seus mártires, sen que pensen nos do outro lado.(¡Xusta vara de medir!) E ¿que me din da repugnante pelexa dos partidos ante a sentencia da masacre 11-M?. ¿Pode ser este o xeito de honrar a memoria das vítimas!?. ¿E o que están a facer os que deberían ir diante á hora de buscar a verdade e a xustiza, e negan ata a evidencia!?. Mesmo cando se trata de honrar aos Santos (incluídos os da familia, amigos, veciños...) ¿como se poden contentar con lles levar flores e choralos, no canto de desbordar de ledicia por celebrar a súa gloria e o seu trunfo á beira do deus/Pai e tamén para irmos medrando nós nunha na esperanza firme e confiada ante o noso próximo futuro!?. Poden seguir vostedes facémndose preguntas. E, de paso, xulgando oa feitos. Obxectivamente.

No medio de tahta desfeita, chegan as intelixentes e non politizadas palabras do Papa: ”esforcémonos todos en traballar pola paz e a reconciliación, no medio do martirio diario das cousas pequenas da vida, sendo testemuñas da misericordia, a reconciliación e a posible convivencia”. ¡Ese é o camiño!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania