Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Uned Senior de Xestoso

viernes, 28 de septiembre de 2018
Desde as 12 desta mañá, a UNED Senior de Paderne alza o pano do novo curso escolar. Será no restaurante A Gurita, onde se sucederán a presentación, un ensaio do coro, disertacións, xantar e recital poético. A UNED Senior remata o 30 de este prazo para inscribirse nun novo curso nos seus centros de Monfero, Irixoa, Paderne, Xermade, Xestoso, Guitiriz, Rianxo, Lousame, Porto do Son e A Baña, que coordina o párroco de Xestoso, Luis Ángel Rodríguez Patiño.

“Aqueles maiores de 50 anos que queiran ter unha formación universitaria, poderano facer a través do novo curso que a UNED Sénior da Coruña está a proxectar para o vindeiro mes de Outubro a Xuño” explica. Un total de 295 alumnos matriculados (350 matriculación das asignaturas), e se espera que o número de participantes para o curso 2018/2019 aumente.

Quen queiran acceder ao curso 2018/2019, que fai xa o décimo primeiro curso do centro non teñen que cumprir requisito algún en forma de niveis educativos, xa que a inscrición pode facerse con independencia da formación académica que posúan.

As materias que se impartirán serán a Prevención de riscos na vida cotiá, a Actividade física e incidencia en la saúde, ambas impartidas polo doutor Marcelino Mosquera; Patrimonio Histórico e visitas por toda Galicia, por Felipe Senén; Informática, por Antón, nas que se tratará o funcionamento de Internet, o correo electrónico e o tratamento da imaxe; Música por o mestre e director de Orquestra, Fran Garcia; Canto e Ximnasia tráves da Música por A.T.S. Silvia Cerame, Inglés, Lanoterapia, recursos naturais, etc...

Cada unha das materias ten 30 horas lectivas. Para poder formalizar a matrícula pode acudirse directamente ao Centro Asociado na Coruña, aos delegados de zona. Colaboran coas actividades os concellos de Aranga, Guitiriz, Irixoa, Monfero e Xermade, Rianxo, Lousame, Porto do Son e A BAÑA. Para inscripción e máis información sobre as especialidades e lugares de aulas, o web da UNED Senior da Coruña ofrece cumprida información sobre trámites, horarios e centros adscritos.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES