Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 28 de septiembre de 2018
A Bomba

Deixo caer unha bomba sobre a ilusión dun soño. Todo estoupa. Nada se move. Só a lúa vella brilla no firmamento. E o silencio da noite racha as entrañas dun pensamento. Que é? Onde está? Para onde vai? Ninguén pode saber o que hai máis alá dunha conciencia tranquila, dun ritmo cardíaco, dun pulso novelesco ou dun tempo que non avanza, que non progresa. Logo do estourado, todo queda en silencio. Ata os propios latexos dun corazón que vai e vén por entre os regos dun poema, por entre os versos dunha leira. A bomba rebentou aquilo que se meteu dentro. Aquel asubío no recordo. Aquel sorriso en calquera xogo. Aquel mirar que te deixaba medio morto. Aquela ilusión dun soño. Quedo pensando agarrado ó silencio, e alá, no máis profundo do firmamento, vexo a nube tóxica (pero bonita, fermosa, linda, xeitosa...) que se me mete dentro. Quero retroceder no tempo, pero a bomba xa esbourou para abrasar, para estragar sentimentos que flúen ou que se expanden por toda a redondez da lúa vella. Desa lúa vella que brilla e ensina o camiño do entendemento e do miolo dun propósito, dun proxecto. Deixo caer unha bomba sobre a ilusión dun soño. Do teu soño. Do meu soño.
Pingas de Orballo

Feliz coa demencia

Hai pouco lin unhas declaracións da gaiteira, pianista, educadora, escritora e produtora ourensá Cristina Pato nas que comentaba que “se pode ser feliz coa demencia”. Sinceramente, case me alegrou a noticia porque me corrobora o que xa teño confesado algunha vez: que nunca o pasei tan ben co meu pai como cando pasou por esa fase. Pingas de OrballoFálase sempre que o alzhéimer é un terrible trastorno para a familia. Imaxino, polas declaracións da xente, que para moitos si. Para min, que queredes que vos diga; neses anos que tivo alzhéimer nunca me vira tan achegado a el. Non sei, ó mellor erro, pois non son nin médico nin especialista, pero o propio enfermo entendo eu que tampouco se decata da situación. O enfermo vive ese momento e non lembra nada máis. E o que non se recorda, non existe. Imaxino que non se decata da súa enfermidade; simplemente vive a vida, vive o momento. Lembro que cando o deitaba polas noites (tiña que axudalo, non pola enfermidade en si, que tamén, senón pola idade e por unha maldita perna que se lle quedara tesa nos anos 60), armabamos tal feira de gargalladas que tiña que dicirlle que parase, por Deus!, que a causa da risa non conseguía suxeitalo. El era feliz soltando baralladas, rexoubas e os dous eramos felices rindo a cachón. Cristina, é certo que se pode ser feliz coa demencia. Eu o fun coa do meu pai.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES