Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Lume en Saavedra

jueves, 27 de septiembre de 2018
Celebrouse en Saavedra a Festa das Angustias, que coa dos Milagros completa o calendario festeiro da parroquia, sendo o meu máis directo contacto coas festas do rural, organizadas por esforzadas comisións de rapaces, exemplo de entusiasmo e dedicación.

E vexo grandes orquestas, todas iguais, con tormentas de luz e son, con camións que se transforman en escenarios monumentais, interpretando as mesmas cancións, cos mesmos bailes, o mesmo desenfado, e a mesma vestimenta: andróxina nos homes, e degradante nas mulleres.

A saber por que os colectivos feministas non denuncian o sexismo que sofren as rapazas das orquestras, onde se rivaliza en que vistan as roupas máis escasas, con vaporosidades, suxerencias, de maneira que da que pensar a utilización do corpo feminino nunha uniformidade explotadora e absurda.

Lume en Saavedra
Fronte a isto, en Saavedra o grupo Lume, con catro cantantes que en tempos formaron parte da Orquesta Poceiro, ofreceu un recital de cancións de sempre, con voces potentes, con normalidade, con sinxeleza.

Como todas as modas rematan, xa me tarda que remate a moda das orquestas clónicas, onde o baile prima sobre a voz; luces e son eclípsano todo, ocultando carencias, os homes visten de xeito estrambótico e as rapazas case non visten.

Dise que o sector das orquestas vive un momento magnífico, que facturan millóns, e que hai que apoialas pola súa importancia económica para o país. Conviña que alguén fixera un estudo sobre o uso do idioma, inexistencia de pezas en galego, a uniformidade de penoso estilo, o degradante trato á muller, e o ínfimo nivel cultural dos espectáculos.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES