Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cambio Climático

sábado, 03 de noviembre de 2007
Unha noticia sobre os pozos da parroquia de Árbol, faime cavilar sobre o tempo e o posible cambio climático, a falla de primo entendido nestas cuestións.

Cando non sabemos de que falar nunha xuntanza, nun encontro pola rúa, falamos do tempo, porque deso entendemos todos, e todos podemos opinar.

E podemos dicir que o tempo está tolo, con toda a razón, porque non responde ós cánones habituais. Non fai tanta calor coma antes, en días rigorosos do verán, quizáis porque tampouco antes tiñamos tantas armas para defendernos. Nin fai tanto frío coma antes, nin hai tales nevadas, tamén porque agora nos defendemos doutra maneira. De tódolos xeitos lembro unha nevada cando eu era moi pequeno, quizais a mediados dos anos cincuenta, que a neve durou na Porta de Cima máis dun mes, e dous meses despois (comezos de xuño) aínda quedaban restos no Cotarón.

Nesta nevada que digo, para poder andar pola rúa, os homes, con picachóns, levantaban da rúa planchas de xeo de máis de vinte centímetros de groso, e máis dun metro cadrado de superficie, simplemente para poder sair das casas.

O tempo está tolo porque neste remate de outubro, eu teño en Saavedra, nun lugar ben aberto ás xeadas, plantas que están nacendo e flores que están brotando. O tempo está tolo, ou algo así, non sei polo cambio climático ou por calquera outra causa.

Pero ó que ía: Os veciños de Árbol quéixanse de que os seus pozos non teñen auga, que o bo tempo tenos secos, e recurren ós máis diversos sistemas para poder paliar esta carencia.

Será, e volvo a vellos tempos, que non abriron os illós. Eu sempre oín que para que abriran as fontes, as que secan no verán, os manantiais que nas aldeas chaman -chamamos- illós, tiña que tronar e relampaguear. Eu non sei se é co ruído do trono, co impacto do raio, ou porque xa tocaba, porque as choivas inundaban as capas do subsolo, as fontes abrían e deixaban correr a auga que ata o verán seguinte contribuiría a regar os prados, pero tamén permitían que as vacas puidesen beber , ou que a xente puidese adecentarse.

Al Gore atopou no tema do cambio climático un choio máis tranquilo, sustancioso e rendible que o de ser Presidente dos Estados Unidos. Pero tamén se converteu na conciencia deste mundo tolo que non sabe onde vai nin que fai cos seus recursos máis valiosos.

En Árbol non hai auga. Agardemos que todo sexa unha falsa alarma, e que de hoxe para mañá abrán os illós.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania