Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As previsións, encomendarse ó azar

miércoles, 26 de septiembre de 2018
Hai uns días, arrinconei ao experto en política fiscal e autor do blog especializado TAXLANDIA, Antón Beiras Cal, para que me explicase de forma amena e didáctica, segundo o seu estilo, como vía a política fiscal do goberno actual. Antón é un economista cunha grande virtude na miña opinión, a de falar de política fiscal de forma sinxela e amena polo cal uso e abuso da súa paciencia.

Con paciencia veume a dicir que, evidentemente pretendíase aumentar a presión fiscal sobre os contribuíntes nos tramos máis altos, non tan altos quizais pero evidentemente non sobre as rendas máis baixas xa que estas sofren máis a presión impositiva de forma indirecta. É dicir que o 21% de Iva ou os copagos farmacéuticos afectan máis á economía de alguén que ingresa 18000 e ao ano que a alguén que ingresa 60.000?.

Por tanto preténdese aumentar os ingresos, aumentando a presión fiscal directa e tamén a indirecta asi como reducir o gasto. Desta forma evitaremos seguir endebedándonos, que xa o estamos ata as cellas. E o problema deste endebedamento do estado é que agora non pesa demasiado porque os intereses están moi baixos pero en canto empecen a subir podemos asfixiarnos.

Nese momento lembrei os estadillos en táboa de Excel que manexo, uns documentos sinxelos onde de forma semestral reflexo os gastos previstos para cada mes e a estimación de servizos que vou facer como ingresos. O curiosos é que a miña previsión de gastos é case sempre superada, é dicir sempre gasto máis do que teño previsto. Un incidente co coche, unha multa de tráfico, unha celebración inesperada.

No caso dos ingresos pasa xusto ao contrario ou ben sobre o papel ingreso tanto pero a realidade é que alguén produce falta de pagamento ou se demoran no pago dun servizo, en ocasións simplemente atrásano.

Polo xeral esta é a situación máis habitual nunha previsión de gastos, ingresos polo que hai que prever sempre os ingresos moi por baixo das expectativas e os gastos cunha marxe superior para evitar sustos.

Con este pensamento coménteille ¿Pero Antón as previsións son encomendarse ao azar?. O meu interlocutor sorriu.
Feijoo, Arán
Feijoo, Arán


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES