Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mellor poesía galega cantada en Guitiriz con Xardín Desordenado

jueves, 20 de septiembre de 2018
No ano 2011 uns músicos de Vigo decidiron percorrer librarías e bibliotecas, á busca de palabras ás que poñer música. A selección resultante non obedeceu a criterios centíficos, senón á provocación que os poetas producían nos “exploradores”.

Logo, algunhas noites reuníanse nunha bufarda de Tirán, onde, compartían os poemas elexidos e as súas experiencias musicais; case todos transitaran polo Jazz, aínda que chegados dende diversas procedencias.

O seu obxectivo era promover a poesía galega e o concretaron nun primeiro traballo, con quince poemas escritos por homes. Chamaron ao CD como a si mesmos: “Xardín desordenado” e nel, acompañados pola cálida sonoridade que proporcionan os instrumentos acústicos, estes “xardineiros desordenados” convertiron os magníficos textos en boleros, en swing, en blues… e nove anos máis tarde, cargados de experiencia e máis poetas e máis versos, Xardín Desordenado estará na Casa Habaneira de Guitiriz o 5 de Outubro ás 9 da noite, onde farán un repaso pola súa traxectoria, onde non faltarán temas cos poemas de Darío Xohán Cabana, Manuel María e o noso Xosé María Díaz Castro.

Un concerto que é a súa estrea na Terra Chá inaugurando o programa Do Trinque, da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Os Vilares lareira de soños adicado a novidades editoriais, artísticas e musicais.

Santiago Ferragud, Isaac Garabatos e Marlene Rodrígues deleitarán os con poesía musicada d@s mellores poetas de Galiza moitos dos cais figuran nos seus traballos discográficos, Carlos Casares, A Victoria da luz, Xardín Desordenado ou aprendendo a ladrar, e dos que poderemos disfrutar o próximo 5 de Outubro na fermosa Casa Escola Habaneira de Guitiriz e coa entrada de balde.

O concerto forma parte da longa xira deste ano adicada a María Victoria Moreno e co nome 'A Victoria da Luz'. Chegarán a Guitiriz de dar un concerto en Pontevedra o 26 Setembro celebrando o día internacional das linguas, e o 20 de Outubro estarán no Centro Galego de Salamanca.

Temos pois, unha oportunidade única para escoitar ao Xardín Desordenado na Terra Chá por primeira vez nunha versión 'Do Trinque' coa estrea de disco e repaso a numerosos poetas musicados por eles nestes nove anos. Alí estaremos!!
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES