Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soñar coa paz

jueves, 20 de septiembre de 2018
Falar de paz nuns tempos onde reina tanta violencia, parece unha utopía.
As noticias bombardéannos con noticias que non teñen moito ou nada que ver coa paz.

¿Non necesitamos a paz?
Claro que a necesitamos e por eso soñamos con ela.

¿Quen non soña con que reine a paz na vida familiar cando vemos tanta violencia entre as persoas máis queridas?

¿Quen non soña coa paz cando moitisimas persoas escapan da guerra
arriscándose a mil peripecias?

¿Quen non soña con facelas paces despois dunha discusión importante cunha persoa querida?

¿Quen non precisa a paz cando lle remorde a conciencia?

Realmente todos soñamos coa paz.
Todos queremos vivir en paz.
O noso ser interno necesita paz.

A paz é algo tan importante, tan importante… que a veces resulta difícil alcanzala.

Pode que a paz plena non exista nesta vida.
Con todo…
¿Qué podemos facer pola paz os cidadáns de a pé?
Penso que podemos facer moito máis do que nos imaxinamos.

O primeiro deber de construír paz está dentro de nós mesmos.

Se unha persoa non ten paz, se non vive en paz consigo mesma…
¿Qué paz pode aportar ós outros?

Para vivir en paz con un mesmo, compre cumprir moi ben cosas propias responsabilidades.

Para cumprir moi ben coas propias responsabilidades hai que saber moi ben o lugar que se ocupa:

-Un pai ten que ser un pai.
-Unha nai ten que ser unha nai.
-Un fillo ten que ser un fillo.
-Un amo ten que exercer de amo, o criado de criado.

Pero nin somos perfectos, nin temos toda a formación que precisamos, nin nolo permiten moitas veces as circunstancias.
Entonces: rompe-la paz entre as persoas resulta moi doado.

-Rómpese a paz cun mesmo cando non vemos os nosos obxectivos alcanzados.
-Rómpese a paz coas persoas que nos rodean cado pensamos que pisan os nosos dereitos.
-Rómpese a paz entre grupos dun mesmo país cando uns tiran nunha dirección e otros na oposta.
-Rómpese a paz entre países por mil e un motivos.

En fin.
A falta de paz produce moito sufrimento.
Nuns casos máis que noutros, pero sempre a falta de paz produce dor e sufrimento:

-Que llo pregunten a tantas e tantas familias rotas.
-Que llo pregunten a tantas e tantas persoas explotadas.
-Que llo pregunten ás persoas que escapan da guerra.
-Que llo pregunten ás persoas perseguidas por diferentes motivos.

Pero por moitos e moi graves que sexan os motivos que nos levan a sufrir a ausencia da paz; sempre sempre soñamos con recuperar a paz.

Para recuperar a paz teremos que renunciar a moitos dos que consideramos dereitos propios.

Teremos que sustituír:
-HUMILDADE por soberbia: saber ceder, saber perder. Non sempre temos a razón.
-XENEROSIDADE por avaricia: compartir máis e apegarnos menos ós bens materiais.
-CASTIDADE por luxuria: levar una vida moderada, porque o desenfreno sempre acaba tirádonos na cuneta.
-PACIENCIA por ira: fabricar paciencia a tódalas horas do día.
-MODERACIÓN por gula: moitas persoas alimentaríanse co que a nós nos sobra.
-CARIDADE por envexa: pensar moito máis no ben alleo, alegrarnos dos progresos dos outros.
-DILIXENCIA por preguiza: Non esperar a que os outros nos saquen as castañas do lume. Cada un ten abondo con saca-las súas.

Como é ben certo que todos querémo-la paz, todos teremos que construíla.
Cada persoa desde o lugar que ocupa na vida de familia o una vida social.

“ENTRE TODOS, PODEMOS”.
Este será o título do seguinte artigo.

Antes de rematar, teño que agradecer a tantas e tantas persoas a súa valiosa colaboración a favor da paz.
Son sementadoras de paz.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES