Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Titulite grave

miércoles, 26 de septiembre de 2018
Vivimos tempos tan efémeros como soberbios. Tempos rateiros que nos rouban memoria para manter imaxes. Tempos de condenar ou perdoar excesivamente.

Nestes tempos líganse as consecuencias dos actos aos seus autores e, dependendo de quen sexa, o acto agrávase ou alixeirase…

Neste contexto medra unha sociedade cada vez máis esixente que camiña cara un concepto que leva décadas facéndose realidade: a educación permanente.

Hai anos que asumimos que estaremos formándonos ata a morte pero agardábamos unha resposta equitativa do sistema. O sistema fallou cando o caciquismo infectou de titulite a sociedade para aplicar unha política discriminatoria no acceso á educación. A partir de aquí, qué podemos facer?

Podemos valorar o esforzo e a vontade de quen loita con honestidade.
Podemos establecer, promover e impulsar logros; demostrando que esta sociedade quere xente preparada para desenvolverse.
Podemos apoiar a quen loita procurándolle un oco de porvir.
Podemos esixir a cadaquén na súa xusta medida.
Podemos establecer a equidade e a igualdade de oportunidades na educación.

E tamén podemos sinalar, unha vez demostrado, a quen se aproveita dun cargo para obter un título. Digámoslle alto e claro: “os teus compatriotas para ter ese título investiron suor, tempo, esforzo e cartos. A túa actuación é máis que reprobable. Agora asume as consecuencias”.

Cando o pobo esixa, a política será o berce da ética porque a política sempre é o espello do pobo.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES