Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vida esperanzada

jueves, 01 de noviembre de 2007
Mentras hai vida hai esperanza, dicía o refrán. Agora falamos de “esperanza de vida”, que en Galicia ven de aumentar un pouco máis de xeito que os que vivimos neste país temos unha esperanza vital de algo máis de oitenta anos.

Levamos os galegos unha marcha triunfal no progreso vital, xa que dunha esperanza de vida de 75 anos en 1981, pasouse a algo máis de 76 en 1991, algo máis de 79 en 2001 e algo máis de oitenta no 2005.

Non se sabe onde iremos a parar, pero as prediccións máis optimistas sacan sempre a relucir a posibilidad de que os humanos superemos os cento vintecinco anos moi axiña tendo en conta as condicións nas que se desenvolve a nosa vida desde o nacemento, a alimentación, a sanidade, as condicións das vivendas e todo un conxunto de circunstancias que vai marcando unha melloría da nosa vida física.

¡Que lonxe das cifras de pasados séculos e aínda máis lonxe das que se rexistran en países do terceiro mundo, en que cando se viven cincuenta anos xa se considera unha existencia longa. Neste caso a vida curta evidencia total carencia das circunstancias favorables que aquí inciden na súa prolongación.

Que a vida sexa cada vez máis longa é unha esperanza, que en principio leva consigo tamén unha vida esperanzada cos alicientes que a fan aínda máis desexable.

¡Que ben pertencer a este primeiro mundo de progreso e vida longa!. Magoa dos que viven en permanente condena a unha vida curta e sen esperanza.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES