Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felices 40 Semanas de Cine!

Xiz, Xulio - lunes, 17 de septiembre de 2018
Felices 40 Semanas de Cine! En calquera dos aspectos da nosa vida, coroar determinadas cifras temporais ven ter un significado especial, e así os cumpreanos parecen máis rotundos cando rematan en cinco ou en cero por corresponder a quinquenios ou décadas con significado maior que calquera celebración anual.

Na Semana Internacional de Cine de Autor de Lugo, este 2018 coroamos a cima das Corenta, percorridas ano a ano, película a película, desde aquel 1979 que coidamos que Lugo podía ter unha celebración anual en relación coa sétima arte, e atopamos ocasión propicia para celebrala.

Tantos anos despois, tantas ilusións e tantos esforzos despois, chegamos á XL Semana, coa mesma ilusión, co mesmo ou maior esforzo, e coa satisfacción de poder mirar cara atrás coa ledicia que supón coroar tantos fitos seguindo a ser prácticamente o mesmo grupo de amigos –mozos daquela, agora xa non tanto- que cada setembro mergullamos Lugo nun pequeno mar de cine.

Felices corenta Semanas de Cine en Lugo!. Feliz XL Semana de Cine de Lugo!.

(Xulio Xiz é Presidente do Grupo Cinematográfico Fonmiñá)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES