Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fumar pode matar

miércoles, 19 de septiembre de 2018
No 2004 Luís Pastor publica un disco titulado “Pásalo” que contén unha canción chamada “Fumar puede matar”. Na canción di “colguemos por los pies la democracia/ hagamos un altar de su excremento/ volvamos al glorioso movimiento un momento”.

Segue falando de todas as violencias físicas e estruturais ás que se enfrontaba o momento histórico, moi similares ás que enfrontamos hoxe. Quizais cunha diferenza: a idea de democracia está máis cuestionada agora que daquela e quérese combater a mala educación limitando a liberdade de expresión; é dicir, utilizar o groseiro como desculpa para rebentar a democracia.

Hoxe, ferir a sensibilidade dun colectivo minoritario ou minorizado supón polémica. Recentemente, vímolo con Rober Bodegas ou Roberto Vilar. Vexo aquí dous aspectos: por un lado, paréceme que o humor debe de chegarse a todas as situacións e debe de ser unha ferramenta para desdramatizalas. Agora ben, polo outro lado, un humorista que quere desenvolver a súa carreira facendo rir debe ter en conta que ademais de facer rir inflúe na ideoloxía das persoas. E para ben ou para mal, fai pensar sobre o tema que está a tratar. Por iso, o humor que vive dos tópicos xa sexan aspectos físicos, psicolóxicos ou culturais á larga tórnase baleiro porque o tópico cansa.

Quizais, deberían cultivar máis o humor, desenvolvelo e facer del unha disciplina imprescindible para unha sociedade sa.

Dito isto, o humor non pode ser unha cortina de fume para tapar os verdadeiros escándalos deste país: a corrupción institucional, os títulos comprados, persoas que viven toda a vida sen traballar por ser “fillos ou netos de”, sanidade, educación, o ataque permanente ao público, persoas ás que se lles pasa todo mentres que outras van aos tribunais por un simple xuramento…

Todo iso constitúe un verdadeiro ataque á democracia que corre o risco de morrer por inanición aínda que, como dixo Luís Pastor, nunca podemos esquecer que fumar pode matar.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES