Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Na fronteira

viernes, 14 de septiembre de 2018
Nas zonas fronteirizas é doado que se manifesten de forman especial carencias ou melloras, de maneira que os habitantes dun determinado territorio poden estar satisfeitos pola súa ubicación, ou lamentar non pertencer ao territorio inmediato.

Foi noticia recentemente o pobo de Porto, en Zamora, que fartos dos seus problemas de incomunicación, e tendo en conta que Galicia está moi preto, en concreto os concellos de Viana do Bolo e A Gudiña en Ourense, lamentan non ser galegos. Teñen vencellos comerciais con Galicia, e coidando que é inxusto que os 28 kilometros de mala estrada que lles custa percorrer arredor dunha hora, teñen feito unha consulta popular –son 200 veciños no verán e menos de cen no inverno- que deu como resultado o desexo popular de vencellarse a Galicia.

Pero xa en Galicia, en Pradorramisquedo, camiño de Porto, houbo hai anos un movemento inverso, e querían ser castelán-leoneses xa que a loita que mantiñan para ter servizo de transportes por estrada non cumpría as súas expectativas.

Aquela querencia quedou no esquecemento, como parece que pode quedar o de Porto se as cousas resultan ser como di a alcaldesa daquel concello que afirmou que o que pretendían os veciños era chamar a atención sobre a súa situación cunha votación informal sen máis transcendencia que a de lograr que lles solucionen os seus problemas e seguir sendo castelán leoneses.

Sen chegar a pronunciacións deste tipo, non hai tantos anos que Viveiro aspiraba a ser coruñés porque a estrada da costa non proporcionaba a aquela cidade conexión axeitada co resto da costa e coa capital, e as emisións lucenses de radio non se recibían con normalidade. E Ribadeo, en pleno franquismo, tivo tentación de constituírse en provincia independente dada a súa especial situación xeográfica como ponte entre Galicia e Asturias.

Son repentóns que os pobos experimentan a resultas de situación que consideran inxustas. Seguro que Pradorramisquedo nunca será castelán nin Porto, a pesar do nome, será galego. Pero algo conseguirán, porque as autoridades e as institucións, prestan especial atención a estas badaladas de aviso, e ás veces as cousas conséguense mellor con presións deste tipo que coas boas razóns -sen padriño- que se esquecen cando calquera berra máis alto.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania