Facerme vudú
Xiz, Xulio - martes, 30 de octubre de 2007
Aínda quedan lugares onde, pinchando con agullas un boneco, tentan facer mal á persoa que representa. Algo así ocorre cando a miña foto chega a determinada redacción, na que se me recorta como se neso me fose a morte (informativa) e a eles a vida (informativa?).
No medio cento de actos públicos nos que ó ano participo, procuro situarme nos extremos, para que se me poida cortar doadamente, pois non quero que outros resulten castigados pola miña culpa.
E estou farto. Non deste cutre vudú lucense, que me trae sen coidado. Farto de dar explicacións ós que me preguntan de por que aprendices de xornalistas perden o tempo en quitarme do medio (informativamente) cando é ostensible a miña participación en algún acto. Mesmo estes vudueiros se evidencian ben torpes, cando ás veces mencionan o que eu digo para logo non atoparme entre os participantes.
Dicir esto aquí non é para lograr sair na Folla (correspondente) senón para non ter que explicar cada día por Lugo adiante que aquí aínda se practica un xornalístico vudú (pobres!), que eso é propio da incultura ou da envexa. e que polo ben que me sinto- o sistema non funciona. Que me deixen vivir en paz, e que lles dean (clases de xornalismo) que sen sair na prensa (nalgunha prensa) vívese de prensa (algunha) madre.
E aínda se extrañarán de ser temidos pero non queridos por moitos lucenses. O temor ven só, o agarimo hai que gañalo.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora