Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Soños que cumprir

jueves, 13 de septiembre de 2018
Os soños, soños son.
Pero cando se fan realidade deixan de selo.
É necesario soñar, cómpre pensar que toda vai ir un poco mellor cada día.
E poñe-los medios necesarios para que se cumpra o que soñamos,loxicamente.

Moitos dos nosos soños poden verse feitos realidade.
Antes dos feitos, están as palabras.
Antes das palabras, están os pensamentos, os soños.
OS SOÑOS SON ALGO MÁXICO.

Cada persoa, cada familia, cada país ten os seus propios soños, os seus propios proxectos…

PARA UNHA CRIATURA O SEU SOÑO PODE ESTAR EN QUE LLE COMPREN O SEU AGASALLO PREFERIDO.
Para conseguir ese agasallo ten que soñar con el moitas veces, ten que pedir que llo compren, tal vez teña que ir aforrando pouco a pouco para conseguilo…
Mentres soña, mentres pide, mentres aforra…
-Vai construíndo na súa mente a súa realidade.
-Vai aprendendo que para conseguir algo hai que loitar.
-Vai aprendendo que hai que desexalo con moitas ganas.
-Vai aprendendo a loitar polo que desexa.
-Vaise preparando para a vida.
Aí radica a importancia de non darlle todo feito.

PARA UN ESTUDIANTE O SEU SOÑO SERÁ CHEGAR A SER AQUEL PROFESIOAL QUE LLE GUSTARÍA CHEGAR A SER:
En soños verase naquel posto que agora ocupa aquela persoa que tanto admira:
-Terá que esforzarse para prepararse.
-Terá que privarse doutras moitas cousas que tamén lle gustan.
-Aprenderá a priorizar.
-Aprenderá a loitar.
-Deixará a un lado o secundario.
-Aprenderá a abrirse o seu propio camiño, cousa que ninguén poderá facer por el ou ela.
-Loitará polos seus soños ata velos feitos realidade.

PARA OS PAIS/NAIS, O SEU MAIOR SOÑO É VER BEN ÓS SEUS FILLOS E ÁS SÚAS FILLAS

Para ver ese soño cumprido, terán que recorrer un longo camiño:
-Ser uns pais exemplaresxa non é pouco.
-EDUCALOS CORRECTAMENTE…¡Case nada!
-Desvelarse polos seus descendentes, moito máis.
-Cando entran na familia outras persoas, aínda se redoblan os esforzos.
Pero como desde moito tempo antes:
-Soñaron con ser unha familia exemplar.
-Non regatearán esforzos.
Verán logrados os seus obxectivos, porque sacarán forzas de onde sexa para cumprir os seus soños.

A ANCIANIDADE TAMÉN TEN QUE SOÑAR
Nesta etapa da vida hai que aproveitar tódolos momentos, tódalas oportunidades ata “consumir o derradeiro cartucho”.
-Soñar que irá superando as limitacións propias do paso dos anos.
-Soñar que aínda lle queda moito tempo de vida para vivir intensamente.
-Soñar que aínda ten moito que aportar a esta sociedade tan acelerada.
-Soñar que un día ou outro verá que os seus descendentes van por bo camiño, aínda que sexa un camiño diferente.
-Soñar que nunca lle faltará o apoio necesario.
-Soñar que cando chegue á meta, entregará a súa alma en paz.

PARA UN PAÍS, PARA O MUNDO ENTEIRO QUIZAIS O SOÑO MÁIS GRANDE SEXA VIVIR EN PAZ, VIVIR EN FRATERNIDADE.

“SOÑAR COA PAZ”
Este será o título do próximo artigo

Por hoxe dou grazas por tantos e tantos soños cumpridos na vida de tantas e tantas persoas do meu entorno e da miña propia persoa,tamén.
Moito que agradecer.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES