Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perfiles de maltrato

martes, 30 de octubre de 2007
Cóidase que o maltratador é unha persoa que abusa da súa fortaleza en relación con outra máis débil, xeralmente de sexo feminino, e seguro que a maioría dos casos de maltrato responden a unha situación así.

Nese mesmo esquema encaixa o maltratador que fai recaer as súas frustracións e fracasos sobre os membros máis febles da unidade familiar.

Pero todo esquema ou xeneralidade ten as súas excepcións, e hai casos, cada vez máis numerosos, en que os maltratadores son os fillos menores e os maltratados os pais que se ven imposibilitados dunha convivencia normal polas accións violentas que sofren.

En 2005, en Galicia, rexistráronse 50 casos de nenos e xoves maltratadores. En 2006, 123. Son rapaces de entre dezaseis e dezaoito anos, propensos á ira, de niveis socioeconómicos altos, dentro de familias cun grado importante de desestructuración.

Son casos para facer pensar, de especial importancia dentro do importante tema do maltrato, que aumentan en Galicia de forma espectacular, que esixen intervencións da Administracion, xa que os particulares pouco máis poden facer que sufrilo e denuncialo. E, sxempre, participar no proceso educativo para loitar contra o maltrato, veña de onde veña.

A Administracion sí pode e debe intervir, globalmente e en cada caso, para lograr cortar de raiz feitos que unha sociedade moderna non pode permitir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES