Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A pena de morte nun tango

miércoles, 12 de septiembre de 2018
O outro día paseando polas rúas da cidade vella da Coruña, con Xulio Cuba abriume, como tantas veces, ese libro de historia impresionante que ten retido na memoria e que tan ben sabe contar. Cando isto pasa, os cafés vólvense curtos xa que entre tanto que falar as horas rouban o tempo. Entón, falando de Coruña e de música, tiña que saír o nome inmenso de Pucho Boedo. Cuba empezoume a falar dun tango que eu non coñecía e que se titulaba “Chessman”. Trátase dun famoso criminal estadounidense que sempre mantivo a inocencia dos crimes que se lle imputaban.

Dende a cela 2455 da prisión de San Quintín, fíxose un activista en contra da pena capital. Estudou dereito e defendeuse a si mesmo conseguindo aprazar a execución en varias ocasións. Finalmente, perdeu a batalla e foi executado. A súa última cea foi unha hamburguesa con patacas fritidas e chocolate quente. O seu último paseo rematou nunha cámara de gas.

“Ya son las diez/suena el reloj/un paso doy/ voy a mi dios/con mi perdón/con mi dolor/ Chessman yo soy”. É un tango coruñés que Pucho Boedo popularizou coa orquestra Los Trovadores. Como o preso número 9 do Cantoral é un alegato contra a pena capital xa que nunca ten volta atrás e a miúdo demóstranse erros nos procedementos e nas sentencias que, evidentemente, non teñen volta atrás.

Miremos para onde miremos, trátase dunha pena arbitraria e falible. Polo tanto, moralmente, cuestionable.

O tango é un estilo duro e contundente, cheo de emocións pero sempre claro nos seus postulados. Chessman tiña que ser un tango, un tango contra unha pena arbitraria que debería pasar á historia.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania