Día Internacional da Beneficencia
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - jueves, 06 de septiembre de 2018
Parroquias Chairegas de Momán e Labrada
no Día Internacional da Beneficencia. 5 de setembro
Durante as misas destas semanas estívose concienciando de que o cristián ten que estar atento ás necesidades dos demáis, e isto á luz do Evanxelio e vida de Xesús de Nazaret.
Contribuír á promoción do diálogo, a solidariedade e a comprensión mutua entre as persoas. Tamén pode aliviar os peores efectos das crises humanitarias, complementar os servizos públicos de atención da saúde, a educación, a vivenda e a protección da infancia.
Nun mundo cada vez máis dividido, a recolleita de alimentos é un xeito de recoñecer a importancia do compromiso cristián-cívico.
Obxectivos
O obxectivo principal é concienciar ao Cristián da súa implicación coa sociedade e, sobre todo, no sufrimento do outro.
"Tiven fame e déchesme para comer" (Mt.25).
Os obxectivos -que poden agruparse en seis «elementos esenciais»: a dignidade, os seres humanos, o planeta, a prosperidad, a xustiza e as alianzas- teñen o potencial de transformar as nosas vidas e o noso planeta a través da armonización e, desa forma, facer fronte aos desafíos que enfronta a humanidade. Tamén proporcionan o marco necesario para que as institucións filantrópicas permitan a todas as persoas contribuír ao mejoramiento do noso compromiso máis social e humanitario.
Se queres axudar, Doa
Recolleita de alimentos e utensilios e produtos para limpeza corporal, especialmente de nenos, pero tamén para adultos. Poden depositalo nas tendas das parroquias ou no propio templo parroquial. O recaudado darase á cociña económica e ao Banco de alimentos de Lugo.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora