Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As novas deste verán

lunes, 30 de noviembre de -1
No verán, que medio país está de vacacións e escasean as noticias que os medios de comunicación precisan para cumprir a diario coa súa función, hai determinados temas que florecen anualmente, por actualidade ou por conveniencia informativa.

No verán, os incendios forestais eran o recurso perfecto para dedicarlle atención polo perigo que supoñen, os danos que causan, e a sensación de impunidade dos incendiarios e de desvalimento dos afectados. Pero este ano parece non haber incendios en Galicia, ou mal informado ando, o que supoño quere decir que funcionan as medidas tomadas polas institucións de limpar o monte, distanciar as plantacións das casas, e un amplo dispositivo de extinción. Non se fala de incendios; polo tanto non os hai, e hai que congratularse desa carencia en ano tan caluroso.

Si é argumento informativo o das avispas velutinas, invasión rural agora tamén urbana, chegando á mesma rúa da Raíña da capital lucense, co seu cargamento de auténtico perigo mortal, polo que a alcaldesa se ten dirixido a San Roque por non ter sintonía coa Xunta, pero a este tema hai que dedicarlle –ademáis de oracións- máis atención e medios.

E sobre todo foron noticia os terremotos en terras de Lugo, tan lonxe daquelas vellas afirmacións nos libros de texto que acreditaban que Lugo e Galicia estaban fóra das zonas sísmicas, xa que ao ser tan vella esta terra, tan asentada e achaiada, non había perigo de terremotos.

Pero a mediados dos anos noventa –fosen orixinados ou non, segundo unha lenda urbana, polo peso dos millóns de toneladas de auga embalsada en Belesar- iniciouse unha serie de terremotos con epicentros nun triangulo con vértices en Becerreá, Triacastela e Sarria, aínda que algúns vanse fora desta área, causando pánico na poboación, especialmente se temos en conta que para incendios e velutinas hai remedios e estanse aplicando, mentras que para os terremotos non hai solución nin prevención.

Constatar a situación é o único que nos queda diante destes movementos, que nos superan e por iso nos aflixen. Cabe supoñer que os arquitectos reforzan as edificacións, que se preparan planes de emerxencia, e se poñen os emplastos antes das feridas, pero nada máis parece poderse facer. E rezar, claro, e non a San Roque, senón moito máis alto, para que non nos pase nada.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania