Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 05 de septiembre de 2018
Hai que prohibir o cine!

Mal asunto para o cine. Unha espectadora seica se queixou da emisión da película “50 sombras de Grey” porque “promove a violencia explícita e, sobre todo, violencia machista”. Nin vin nin penso ver tal película. Nin lin nin penso ler tales libros. Pero creo que aínda así, penso que se pasou un chisco a espectadora esa. Por esa regra de tres habería que eliminar da cinematografía as de Rambo, por exemplo, porque nunha delas liquida a todo ruso e afgán que se lle pon por diante. E as de James Bond? O axente con licencia para matar eliminaba, antes, a todo ruso que estivese de pé e, agora, mata a todo árabe con pinta de árabe. As películas do Oeste... pobres indios! Nas de Alien ata tería que ir en contra da miña amada Sigourney Weaver por liquidar ou intentar liquidar ó bicho, co bonita que é tal criatura. Deberíase prohibir esa obra mestra chamada “Psicosis” porque Anthony Perkins asasina na ducha (na ducha!, ese recanto de intimidade para o ser humano) e con toda a saña do mundo nada máis e nada menos Pingas de Orballoque á protagonista. Habería que prohibir “Los santos inocentes” porque a un salvaxe se lle deu por pegarlle un tiro á gralla de Azarías, a “milana bonita” de Paco Rabal. A ver se nos decatamos de que o cine é todo mentira, de que o fai real a conciencia humana. E moitos ben sabemos como temos a conciencia: negra e co demo dentro.

Romper a rutina

O ser humano é un animal de costumes. Temos a rutina como o acubillo da comodidade. Toda unha vida escribindo sobre os paniños de papel que poñen nas mesas ou nas barras das cafetarías e, agora, xa levaba un tempo, quizais incluso uns anos escribindo na casa e no propio ordenador. Ás veces é bo cambiar a rutina. Como cando un viticultor pilla uns días de auténticas vacacións. Agora mesmo escribo sobre un pano de papel que teño nunha mesa dunha terraza dun café da Valenzá. Quizais estivese mellor dentro (polo asunto do aire acondicionado), porque quentar quenta de raio. Levamos xa dous dúas batendo o récord no máximo de España en cuestión de temperaturas. Hoxe imaxino que será o terceiro, porque creo que aínda vai máis calor que onte e antonte. Ourense é como é. Todos os anos e por varias veces batemos o récord. Para que despois digan que en Galicia sempre chove. Pois si, estou rompendo a rutina. Súo, pero escribo igual. Certo que o brazo dereito pégase sobre a mesa. Puiden saír máis tarde da casa, pero xa estaba aburrido de estar nela. Sempre mo dixo miña nai: “en ti non cae a casa, oh”. Intento que iso non suceda. Non quero morrer esmagado por unhas tellas.

Parvadas

E dis ti e digo eu. Que o que eu digo non o dis ti, e o que ti dis non o digo eu. Dixen. Xa sei que somos moi amigos de dicir cousas, ou sexa, parvadas. Ás veces hai parvadas bonitas. Ou simpáticas. Ou tortas. Ou cariñosas. Ou sentimentais. Moi de cando en vez soltas unha parvada e algún paspán axiña che revira a cara cunha labazada. Podía dicir un golpe; non obstante, a labazada rimaba. A rima sempre é bonita. É moito máis bonita que unha parvada. Claro que tamén hai rimas que son parvadas. Ufff, dicídemo a min! Hai parvadas que quedan para os anais da historia. Máis ou menos ti sóltalas coma quen non quere a cousa e fanse virais. Esta é outra que tal, outra parvada. O de viral, Pingas de Orballose entende. Outra parvada é pensar que as troitas van de pé polo río. Polo Arnoia, por exemplo. Queda bonito dicir esa parvada. Tan só que sexa por nomear o Arnoia. Porque non é ningunha parvada dicir que o Arnoia é o río máis bonito de Baños de Molgas. Xunto co regato das Lamas. Todo hai que dicilo! Neste caso dígoo eu; non é preciso que o digas ti. E queda dito! Parvada é pensar que ti penses o que quero pensar. Agora mesmo, a parvada máis grande é titular isto como “parvadas”. Pero aí queda: unha parvada escrito por un parvo.

Anotado nas escrituras

Xeralmente, no inverno, adoito escribir logo da cea e antes da película televisiva. Xeralmente, no verán, e por aquilo de que se cea algo máis tarde, adoito escribir logo da cea. E punto. Porque as boas (ou incluso medianas) películas, polo menos neste verán, brillaron pola súa ausencia. Hoxe, verán, escribo antes da cea porque, ás dez da noite, hai fútbol. O fútbol que se televisiva en aberto, pódese dicir que é o pobre, o modesto e que é certo que moitas veces pasamos del. Mais hoxe xoga o Huesca. O Huesca!, que está alá onde o aire dá a volta, case no cabo do mundo do noso país. O Huesca!, un equipo que ata hai moi pouco o 80% de España nin sabía que existía, futbolisticamente falando. Pero eu agora son do Huesca! Quen o ía dicir! Así é que hoxe, dereitiño coma un paspán ante a televisión. A ver se hai sorte e xoga David Ferreiro. Aí está!; o detalle está neste nome!, neste rapaz! Digo o de sorte porque semella que non sae de titular; pero e se por un casual entra suplindo a algún compañeiro? No primeiro partido tan só saíu tres ou catro minutos, pero suficientes para que os de Baños de Molgas nos emocionásemos. Vaia se nos entusiasmamos! Pola miña parte, ese día quedou xa anotado nas escrituras. E seguimos! David, sen reblar!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES