Á beira do Camiño: Rebelión no Camiño
Mato, Xesús - domingo, 28 de octubre de 2007
¡Estaba cantada! Foi anunciada por eles e denunciada desde esta sección. Chega despois das caras e rumbosas celebracións da semana pasada en Francia, no Cebreiro e en Santiago co gallo do 20º aniversario da declaración do Camiño Francés 1º Itinerario Cultural Europeo.
¡Vai de alcaldes! Dos da Mancomunidade. A maioría deles estiveron no Cebreiro. Mudos. Sen intervir e sen se sumar á ledicia desbordante dos que mesmo morrían de éxito. O xoves pasado consumaron a anunciada iniciativa na 3ª xuntanza deste ano, en Sarria. Só fallou o alcalde de O Pino (¿problemas co polígono!?). Avaliaron a xuntanza coma un fito histórico.
Resumo propostas: Voz e voto no Comité Asesor (¡paréceme ben!), promesa elaboración Plan Especial de Protección do Camiño (¡sen estrear nin revisar o do 1996 nin polos alcaldes nin por Patrimonio!), máis protagonismo en urbanismo (¿máis desfeita!? pregunto eu), xuntanza co Director Xeral de Patrimonio para negociar pautas de actuación solicitudes, licencias e actuacións (¡supoño que para restaurar e repoñer a gran desfeita de agora), destino fondos páx. web e carteis, a esgalla, cando todos os camiños están xa, dabondo, saturados.
¿Demasiado falar de rebelión?. ¿Só cabreo, rabexa?.¿Celo, preocupación ou, máis ben, celos?. ¿Responsabilidade!? ¡Oxalá! Temo mande máis o partidismo que o amor ao Camiño. ¡Benvida sexa a humildade, o propósito de emenda de tantos evidentes erros (por ámbalas dúas partes) e o verdadeiro diálogo para acadar unha sincera e auténtica COLABORACIÓN.
(Respecto ao tema do día, -sobre o que falaremos noutra ocasión- estou con todas as vítimas de antes, en e despois da tráxica guerra civil e non só cos 498 mártires declarados hoxe, en Roma, pola Igrexa oficial).

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora