Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Santuario da Virxe das Virtudes (I)

domingo, 28 de octubre de 2007
O Santuario da Virxe das Virtudes en Pedrafita (O Corgo, Lugo)

Artigo publicado na Revista “Lucus”, nº 42. Deputación Provincial de Lugo, 1995.

Unha das manifestacións básicas da relixiosidade popular ten lugar nos santuarios.
Os santuarios son lugares de culto simbolizados por unha ermida, capela ou igrexa parroquial, ós que veñen devotos pertencentes a distintas comunidades, coa finalidade de cumprir unha serie de promesas á imaxe sagrada, despois de que lles concedeu as peticións solicitadas, así como pregar da devandita imaxe algunhas peticións de índole espiritual e material. "Os santuarios son como clínicas especializadas e de prestixio onde o paciente vai en procura de solución para os seus problemas" (1).
Os santuarios adquiriron unha devoción popular ó mostrarse as súas imaxes propiciatorias ante moitas peticións. "Un santuario se distingue por la devoción de la gente y no por una característica histórica o artística inherente al edificio o institución" (2). Os santuarios son espacios da divindade e que entrañan certo misterio. "El santuario es un lugar santo, en que el hombre se encuentra con lo numinoso, lo sobrenatural, la divinidad.." (3).

1. A LOCALIZACIÓN DO SANTUARIO
O santuario está situado no lugar das Virtudes, pertencente a parroquia do S. Miguel de Pedrafita, municipio do Corgo, arciprestado de Mestrescolía, provincia e diócese de Lugo. Dista uns 3 km. da capital do municipio e uns 15 da capital provincial (4).

2. OS CARACTERES ARTÍSTICOS
No fronte, feito con sillarejo de bloques de granito, hai unha porta adintelada, dous ventanais laterais e un campanil cunha campá.
No seu interior hai unha ampla nave que ten o pavimento de pezas de pizarra e unha cuberta rústica a dúas augas.
O presbiterio, máis elevado e reducido cá nave, está sostido por unha cuberta a catro augas. Arco triunfal de medio punto, en aresta, imposta de cuarto bocel.
Dous retábulos:
A.- Retábulo central. É de estilo barroco. Tres tallas. Virxe das Virtudes, 1,37. S. Ramón Nonato, 0,67. Virxe coas mans cruzadas, 0,72.
B.- Retábulo lateral. Renacentista, con columnas estriadas. Tres tallas da Virxe, 0,60, 0,51, 0,30 (5).

3. LENDA SOBRE A ORIXE DO SANTUARIO
A nivel popular hai a seguinte lenda que tenta explicar o emprazamento actual do santuario.
"Hai moitos anos algúns veciños de Pedrafita atoparon a Virxe na fonte, lavando. Levárona a igrexa da parroquia, mais ela volveu para a fonte, e así unha e outra vez hasta que os veciños da parroquia decidiron facerlle unha ermida no lugar actual" (Información popular).
Este tipo de lendas tiñan como finalidade crear a sacralización histórica dunha imaxe e dun lugar, usándose nalgúns casos como barreira na memoria popular para esquecer o culto pagán que se levou a cabo na súa orixe naquel lugar.
Tanto o mito coma a lenda, segundo González Reboredo tienen un carácter utilitario y trascendente, transmitiendo conceptos fundamentales de la cosmovisión del grupo social en el que se generan y difunden (6).

4. ALGÚNS DATOS HISTÓRICOS DO SANTUARIO NO SÉCULO XVIII
No derradeiro tercio do século XVIII acontecen unha serie de feitos que van a influír no desenvolvemento posterior do santuario. Sinalo os seguintes feitos:

4.1. A CONCESIÓN DE INDULXENCIAS Ó SANTUARIO
O día once de decembro de mil setecentos oitenta e catro o papa Pio VI concedeu indulxencia plenaria durante sete anos a tódolos devotos de ámbolos dous sexos que, despois de recibir a confesión e comunión, visitasen a capela da Virxe na festividade da Ascensión do Noso Señor Xesucristo. Tamén outorgou sete anos e sete corenta máis de perdón ós mesmos devotos que visitasen a devandita capela nas sete festividades principais da Nosa Señora: na Conceución, Natividade, Presentación, Anunciación, Visitación, Purificación e Asunción (7).

4.2. A FUNDACIÓN DA CONFRARÍA DA NOSA SEÑORA DAS VIRTUDES
No ano mil setecentos oitenta e oito varios fregueses de S. Miguel de Pedrafita fundaron a confraría da Nosa Señora das Virtudes, na que se foron inscribindo devotos pertencentes a distintas freguesías dos actuais municipios de Castroverde e do Corgo.
Libro delos Hermanos Cofrades dela Cofradía de Nuestra Señora delas Virtudes situada su Hermita en los Trmos. dela fra. de San Miguel de Piedrafita fundada en virtud de instancia de varios devotos que principia enel año de 1788" (8).
Inicialmente o número de confrades por fregresía foi o seguinte:
Freguesía de S. Miguel de Piedrafita: 29 Confrades.
Freguesía de S. Pedro de Argemil: 10 Confrades.
Freguesía de S. Bartolomé de Chamoso: 4 Confrades.
Freguesía de S. Juan do Corgo: 1 Confrade.
Freguesía de Santiago de Adai: 8 Confrades.
Freguesía de Sta. María de Queizán: 3 Confrades.
Freguesía de S. Julián de Campelo: 3 Confrades.
Freguesía de S. Pedro de Gomeán: 1 Confrade.
Freguesía de Sta. María de Marei: 2 Confrades.
Freguesía de Sta. María de Moreiras: 2 Confrades.
Freguesía de S. Juan de Segovia: 2 Confrades.
Freguesía de Sta. María de Piñeiro: 6 Confrades.
Freguesía de S. Cristovo de Chamoso: 3 Confrades.
Freguesía de Sta. María de Cabreiros: 2 Confrades.
Freguesía de S. Juan de Barredo (Castroverde): 1 Confrade.
Freguesía de S. Pedro Fiz de Vergazo: 1 Confrade.
Freguesía de Sta. María de Uriz (Castroverde): 10 Confrades.
Freguesía de S. Esteban de Paderne (Castroverde): 14 Confrades.

4.3. A REFORMA LEVADA A CABO NA ERMIDA NO ANO 1789.
A concesión de indulxencias por parte do papa Pio VI propiciou un aumento da esmola na ermida das Virtudes.
Ano 1781, esmola 22 rs.
Ano 1783, esmola 30 rs.
Ano 1784, esmola 27 rs.
Ano 1785, esmola 47 rs.
Ano 1786, esmola 51 rs.
Ano 1788, esmola 51 rs.
Ano 1789, esmola 112 rs.
Ano 1790, esmola 73 rs.

Nos anos mil setecentos oitenta e nove e noventa este incremento veuse favorecido tamén pola fundación da confraría das Virtudes.
Este incremento económico motivou que no ano mil setecentos oitenta e nove se fixese unha importante reforma na devandita ermida que custou mil cincocentos quinces reais e vintetrés mrs., distribuídos do seguinte xeito en función dos materiais e man de obra empregada.

1. MATERIAIS
1.1. Polas taboas, marcos para portas, cantería e o seu traslado: 99rs. e 15 mrs.
1.2. Pola lousa e o seu carreto: 420 rs.
1.3. Polo enreixado das ventás: 22 rs.

2. MAN DE OBRA
2.1. Albaneles: 674 rs. e 8 mrs.
2.2. Carpinteiros: 200 rs.
2.3. Peóns encargados de partir a pedra: 100 rs.

"Quenta de el Coste qe ha tenido la obra de Nrª Srª delas Virtudes el año de 1789.
Primeramente Los Maestros de Mampostería SLevaron seisz setenta y quatro rs. con ocho mrs: 674 rs. 8 mrs.
Los Carpinteros, Llevaron Duzª rrs: 200 rs.
De tablas y Marcos pª Puertas, y gastos de Carretos de Cantaría se gastaron nobtª y nueve rs. y quince mrs: 099 rs.....15 mrs.
La Losa consu Carretto Costó Quatrozs. vte. rs.....420 rs.
Salarios de los Peones de Partir la piedra............100 rs.
De las Rejjas pa las ventanas, vente y dos rs.: 22 rs. (9).

4.4. A STA. VISITA DO BISPO DE LUGO DO ARCIPRESTADO DA MAESTRESCOLÍA NO ANO 1790
O bispo de Lugo, D. Felipe Pelaez, foi informado da asistencia importante de devotos doutras fregresías que viñan ó santuario nas datas sinaladas polo papa Pio VI, para gañar indulxencias e algúns ademais, para facerse confrades da Virxe das Virtudes coa correspondente entrega en ámbolos dous casos de esmolas.
O bispo ante esta situación e para impedir o abandono das igrexas parroquiais, que debían ter a primeira atención dos fregreses mandou o seguinte:
1º. No sucesivo non se recollerá ningunha esmola para a confraría e as xa percibidas serán restituídas, agás naqueles casos nos que os devotos fixeran unha doazón a Virxe.
2º. A partir de agora levárase unha conta formal das esmolas da capela, máis de ningún xeito se inverterán en adiantar, nin facer novas obras na ermida sen obter previa licencia do bispado.
3º. Ningún confesor poderá administrar o sacramento da Penitencia na ermida, nin na igrexa parroquial de Piedrafita, agás o crego párroco e aqueles que tiveran licencia especial para confesar nos santuarios.
"Santa Visita dela Maestrescolía de 1790.
El Iltmo. Sr. D. Felipe Pelaez obispo de y señor de Lugo del Convento de S. María continuando la santa visita de este arciprestazgo fue informado que en la Hermita de Nª Sra. de las Virtudes, sita en terminos dela Parroquia de S. Miguel de Piedrafita se recogen y perciven algunas limosnas de los fieles con el fin de alistarse cofrades de cierta cofradia que el Cura Parroco ha pensado establecer; y otras delas que concurren en el día dela Ascensión del Señor, y festividades principales dela Virgen, con el motivo dela Indulgencia concedida por la Santidad de Pio VI, a los que precedida confesion y comunion, visitasen aquella Hermita en determinados días; y atendiendo aque el sitio despoblado dela Hermita, y lademasiada concurrencia que con estos pretestos se promueva, pueda ocasionar mayores perjuicios que provechos al bien espiritual delas almas y un lamentable abandono delas Iglesias Parroquiales que deben llevarse la primera atención; manda no se recoja en lo sucesivo limosna alguna por razón de Cofradía,y las que con este motivo se percivieron hasta aquí se devuelvan alos que contribuieron con ellas sino hacen piadosa donación deellas afavor dela Virgen, yde las que sejuntasen deotros devotos se llevará enlo sucesivo quenta formal y circunstanciada de su inversión; pero de ninguna manera se inverterán en adelantar, ni hacer nuevas obras enla Hermita, sen obtener expresa licencia; ni se celevrarán en ella mas festividades que en los días de los Misterios prevenidos en el breve de su Santidad, observando en ellos el rito prevenido por Sagradas rubricas; y en atención a que por el referido breve no se previene que la confesión, y comunión se haga enla Hermita, y si solo la Visita de altar, prohive a todo confesor administrar el Sacramento dela Penitencia enla Hermita, sus inmediaciones, y parroquial Iglesia de Piedrafita, no siendo Parroco, o no obteniendo especial licencia para confesar en Santuarios de concurrencia, y encarga al Parroco de este fra, y a los demas que administren el Sacramento de la Penitª en el referido sitio, lo hagan con la seriedad y circunspección que exige tan Santo ministerio; y para que en lo subcesivo se pueda tomar conocimiento dela observancia y cumplimiento de esta procedencia en todas sus partes, se presentará en las futuras visitas las quentas enla forma referida, y como se previene en el Libro de fábrica de la Iglesia principal". (10)

5. A FESTIVIDADE E A PROCEDENCIA DOS DEVOTOS
Noutrora a festividade tiña lugar o xoves da Ascensión do Señor. Na actualidade celébrase o sábado e o domingo inmediatos. "Hai máis de quince anos que a festa pasou a celebrarse o sábado e o domingo próximos en vez do xoves da Ascensión" (11). Nestes días veñen devotos non só do municipio do Corgo senón tamén doutros municipios contiguos como Lugo, Castroverde, Baralla, Láncara, O Páramo. "Veñen de pueblos razonablemente cercanos" (12).
Antano viñan tantos romeiros, de ofrenda e merenda, que as persoas de máis idade da parroquia aínda recordan o seguinte dito: "No día da Ascensión nin os páxaros movían os huevos no nido, do día santo que era" (13).

6. AS PETICIÓNS
Os devotos en xeral ofrécense por si mesmos ou para acadar algunha intercesión para outras persoas que non poden vir ó santuario normalmente por algunha enfermidade. Entre as peticións máis específicas que se levan a cabo sinalo as seguintes: doenzas dos osos, da vista, da pel. "A auga da fonte e boa pra vista e enfermedades da piel. Cura granos, ezemas e outros males" (14).


NOTAS BIBLIOGRÁFICAS
1. Gondar Portasany, Marcial: Crítica da razón galega. Entre o nós-mesmos e nós-outros, Biblioteca a Nosa Terra, Nós os Galegos, Edicións a Nosa Terra, Vigo 1993, p.129.
2. William Cristhian, A. Jr: "De los Santos a María". Panorama de las devociones a santuarios españoles desde el principio de la E. Media hasta nuestros días, en Temas de Antropología española, Ed. de Carmelo Lisón Tolosana, Akal, 1976, p. 86.
3. Díez Taboada, Juan María: "La significación de los Santuarios", en La Religiosidad Popular, III. Hermandades, Romerías y Santuarios, Coords. Álvarez Santalo, C. Buxo, María Jesús y Rdguez. Becerra, S, Antrhropos, Barcelona, 1989, p. 269.
4. N.R.C. Palabra "Pedrafita, S. Miguel de" Gran Enciclopedia Gallega, T.24, 1974, p.111.
5. Valiña Sampedro, Elías.: Inventario Artístico de Lugo y su provincia, Centro Nacional de Información Artística, Arqueológica y Etnológica, T. V, Madrid, 1983, p. 80.
6. Gzlez. Reboredo, J.M. Lendas Galegas de Tradición Oral, Ed. Galaxia, Vigo 1983, p.8.
7. Ver documento sobre indulxencias presentado no traballo.
8. Arquivo Diocesano, Arciprestazgo de Maestrescolía, Parroquia de Argemil- Piedrafita, Cofradía de Ntra. Sra. de las Virtudes, Libro nº IV, Años 1788.
9. Ibidem, p. 75.
10. Ibidem, pp. 87-88.
11. Informante de Arxemil.
12. Informe do crego da parroquia de Pedrafita.
13. Algúns veciños de idade da parroquia de Pedrafita.
14. Informante de Arxemil.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania