Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Os milagres da Virxe dos Milagres

lunes, 03 de septiembre de 2018
Xa estamos máis ou menos no ecuador das Novenas dos Milagres. E a xente segue que segue subindo ata o Medo desde todos os recantos da contorna, incluso de moito máis alá da contorna (e de parte do estranxeiro). Por certo, o día que os extraterrestres aterren no noso planeta, non o farán en Estados Unidos, non; que mellor lugar que no alto do monte Medo, ou en Sudalomba ou na Chaira de Vide ou no campo de fútbol do colexio. Así recibirán xa a bendición da Santiña.

Moitos peregrinos, cando vexan aterrar as naves alieníxenas, exclamarán: milagre!, milagre! Nunha rede social alguén comentou algo de cando a xente peregrinaba descalza e de xeonllos. Eran outros tempos e penso que a xente evolucionou un chisco. Houbo contraresposta sobre a necesidade da fe, sobre o momento no que te ves tan angustiado que chegas a ofrecer a propia vida. Entendo perfectamente isto, pero tamén sei que a realidade segue aí. Que os milagres non existen. Ou si.



Non podo ir en contra da miña nai. Ela cría nos milagres, e sempre mo botaba en cara: cando estudaba nese colexio e aprobaba era grazas á Virxe dos Milagres, pero cando suspendía era culpa miña. Ela moito rezou pero, ó final, o milagre quedou en auga de bacallau (fun nugallán durante toda a miña vida de estudante).

Os milagres da Virxe dos Milagres sempre estarán aí e eu non son quen para dicir que a xente renegue deles. Son o primeiro en ter paixón por esa Santiña; por todo o que significou e o que significa para o meu concello e para toda a contorna. E, claro, para miña nai; que sempre lle quixo máis a este lugar e a esta Santa que ó propio San Salvador de Baños de Molgas, e a pesar de telo a dous pasos xustos.

Quixen coller algo en broma estas Novenas porque outros anos xa escribín a versión relixiosa ou devota, e creo que lle queda ben algo de humor para que, así, polo menos á xente de Baños de Molgas, lles resulte máis animosa a subida desde A Portela ata o propio Santuario. Remato para dicir que, con humor ou sen humor, con devoción ou sen devoción, non perdades o Rosario das Antorchas do día 7 pola noite e, claro está, O Día 8, no que, por suposto, o bonito tamén é quedarse a xantar por alí. E pedirlle un novo milagre á Virxe dos Milagres: regresar para o ano que vén.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania