Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nenos con Gps

viernes, 26 de octubre de 2007
A necesidade de situarse nun lugar determinado, antes cunha brúxula agora cun Gps, está permanente presente nun viaxeiro que precisa saber onde se atopa en cada momento.

As novas técnicas afinan tanto neste campo que é posible localizar na distancia un determinado obxecto cunha marxe de erro duns poucos metros.

O instrumento evidénciase útil para os taxistas como unha medida de seguridade diante da delincuencia, para as empresas que poden saber ó momento onde están os seus vehículos de transporte, ou para calquera actividade que utilice elementos que se movan susceptibles de incorporar un pequeno aparello mecánico.

O “non vai máis” do sistema é o que ven de poñer en marcha unha empresa británica, titular da marca “Blade Runner” (na máis pura liña da ciencia ficción que o nome reivindica) poñendo no mercado unha cazadora con Gps incorporado para ter localizados en todo momento ós rapaces en idades conflitivas.

O rapaz pode prescindir da prenda, e entón o Gps dará datos erróneos, polo que cabe supoñer que hai que contar coa colaboración do afectado, que queira ser localizado polos seus controladores.

Está claro que esa non é a solución se o que se pretende é coñecer o paradoiro dunha rapaza ou dun rapaz para evitar que dea malos pasos. Porque ninguén é controlado se non quere selo. Ninguén debe ser controlado se non quere selo. Ninguén se da controlado cun Gps.

Temos que chegar á conclusión de que os rapaces, simplemente, teñen que autocontrolarse. E os maiores temos a obriga de formarlos para ese autocontrol.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania