Leccións de vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 30 de agosto de 2018
Co remate do mes de agosto, cambia totalmente o mapa social do noso país.
Todos sabemos que coa chegada de setembrocomeza un novo curso escolar.
A vida dá un cambio importante cocomezo das clases.
Durante o periodo de vacacións escolares, o mundo estudiantil tivounha etapa de convivencia moiestreita no seo familiar, veciñal e social.
DURANTE O VERÁN, O PROFESORADO TIVO QUE REPOÑER FORZAS E FOI A FAMILIA E A SOCIEDADE EN XERAL A ENCARGADA DA INFANCIA.
A infancia fixo vacacións dos deberes escolares; pero seguíu o seu proceso de aprendizaxe.
Quizais non aprenderá matemáticas, ou ciencias ou lingua, pero seguíu aprendendo.
Seguíu aprendendo leccións de vida que son sumamente interesantes.
1.- ¿QUÉ APRENDEU OU PUIDO APRENDER NO SEO FAMILAR?
Cónstame que hai familias moi responsables e saben dar leccións de vida ós seus descendentes.
Tanto ten que sexan familias moi instruídas como pouco.
Todas teñen moito que aportar para a boa formación da infancia, por exemplo, ensinar:
-A saudar ócomeza-lo día.
-A despedirse ó rematalo.
-A pedi-las cousas por favor.
-A dá-las grazas.
-A ser amables e dóciles.
-A ser ordenados e disciplinados á hora de colaborar nas tarefas do fogar.
-A cumpri-los horarios de ocio, comida, estudio...
-A ceder os mellores postos para as persoas maiores da famila, tanto á hora de peñerse á mesa, como á de ve-la tele, como cando imos en coche particular ou en transporte público
-A axudar ós avós nas súas necesidades, que son moitas e variadas.
-A acompañar ás persoas enfermas.
-A comer de todo.
-As normas básicas de hixiene e limpeza persoal.
-A saber escoitar e ceder a palabra.
- A que dediquen un tempo ó repaso dos deberes escolares e á lectura.
-A non abandoar a oración diaria nin a misa dos domingos se pertencen a unha familia católica e practicante.
Estas e outras moitas cousas pequenas aprendeu ou puido aprender a infancia, no seo da familia, durante estas vacacións que estamos a piques de rematar.
2.-¿QUÉ APRENDEU OU PUIDO APRENDER DO VECINDARIO?
Do vecindario puido aprender que:
-Hai veciños moi amables, cariñosos e serviciais.
-Hai veciños que só gardan as apariencias.
-Hai veciños que non se sabe que os hai nin para ben nin para mal.
-Hai algún que molesta.
3.- ¿QUÉ APRENDEU DA SOCIEDADE?
Da sociedade en xeral, aprendeu:
-Que somos moi diferentes uns dos outros.
-Que os políticos poucas veces están de acordo.
-Que hai violencia machista e da outra tamén.
-Que hai moitas persoas que respectan as normas e algunhas que non
Se tiverams que facer un balance do período estival pensando na infancia, poderíamos facernos preguntas deste estilo:
¿TOMEI CONCIENCIA DE QUE AS MIÑAS ACCIÓNS OU OMISIÓNS FAVORECERON MÁIS OU MENOS A EDUCACIÓN DA INFANCIA?
¿EN QUE MEDIDA COLABOREI PARA QUE A INFANCIA CONSTRÚA UN FUTURO MELLOR?
¿QUÉ ASPECTOS TEREI QUE MELLORAR?
Eu,teño que confesar que poucas veces me fago estes plantexamentos, non estaría de máis pensar no futuro que nos construirá a infancia de hoxe en día.
PENSANDO NO FUTURO
Este será o título do seguinte artigo.
Por hoxe, espero non ter dado malos exemplos á infancia porque se non
¡Pobre de min!
Vostede, tampouco. ¿Verdade?

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora