Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A caza de cascudas

lunes, 27 de agosto de 2018
Son un pistoleiro no tempo da guerra das galaxias, do tempo de andar polo infinito e moito máis alá. Pero pistoleiro de andar por casa. En cada habitación hai pasquíns ofrecendo recompensas pola caza de cascudas e diversos bichos que poidan alterar o ecosistema dun rancho ou incluso de toda unha pradeira a 25 metros da poboación.

Vivo ó outro lado do río Mississippi. Agora estou nesta beira porque vin mercar máis balas para o meu colt 45. Cando cheguei á casa, xa co revólver cargado, entrei primeiro no cortello ou cubil ó que, hoxe, a xente coñece por baño, que adoita ser onde hai máis carrouchas.

A caza de cascudas
E tanto!, xa que foi abrir a porta e nin tempo tiven de desenfundar. Por entre as miñas pernas fuxiron tres máis negras có demo, precisamente polas que máis ofrecían: dous dólares por bicho. Claro que tan axiña como pechei a porta, púxenme as botas, a maiores das de Valverde del Camino que levaba postas.

Disparei a treo, sen apuntar, e caían como cascudas. Si, eran coscoiras (fóiseme un pouco a cabeza). Percorrín todas as habitacións e pódese dicir que xa ganei o día. E iso só na casa; que cando pillase os 25 metros que testan coa poboación...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES