Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Minas e labregos

viernes, 26 de octubre de 2007
Hai cousas que eu non son capaz de aceptar, mentalmente claro. Pero a situación legal, a realidade, imponse.

Un dos temas ós que me refiro é o das minas. Na miña inocencia primixenia, eu pensaba que para ter unha mina primeiro había que ter a propiedade dos terreos correspondentes, e logo conseguir os permisos oportunos e proceder a extraer o material de que se trate, sexa ferro ou ouro, granito ou lousa, ou simplemente pedra para facer a base das estradas en construcción.

Pero parece ser que o sistema é moito máis doado para as grandes empresas que só teñen que investigar onde están os materiais que lles interesan, “denuncialos” para rexistrar os seus dereitos sobre eles e logo aproveitar os recursos que a Lei concede para as explotacións mineiras, que consisten esencialmente en poder mercar os terreos de particulares mediante expropiación das fincas afectadas para que os propietarios perxudicados deixen de ser un problema.

Porque para a Lei, a explotación mineira ten interese especial sobre outras actividades, pola dinámica que orixina, polas sinerxias que a actividade crea na sociedade, polo interese social.

Na Terra Cha hai problemas coas minas, como problemas hai en outros moitos lugares de Galicia, xa non digamos coas minas que hai a ceo aberto no Courel, afectando a superficies arboradas, asi como a explotacións agrarias particulares e ós residentes na zona. Ou a mina da empresa de Villar Mir, que é un serio atranco para o tren de Alta Velocidade.

Porque na Terra Chá hai tres minas de cuarzo que afectan a seis concellos, e dentro deles a cincocentas explotacións agro-gandeiras, veñen de celebrarse en Vilalba unhas xornadas organizadas por ADEGA e o Sindicato Labrego Galego, para analizar a futura Lei da Mineiría que ten en estudio a Xunta, prevéndose que deste encontro xurdan acordos e propostas que poder aportar á hora de suxerir modificacións do proxecto.
Un dos aspectos sobre o que se fai forza, e paréceme do máis natural, é que se dea a mesma importancia ás explotacións agrogandeiras que ás industriais, que todas interesan á economía e á sociedade, e que se teña en conta que as agrogandeiras foron primeiro, polo que as que cheguen despois veñen modificar unha situación establecida con beneficio para uns cantos en detrimento de outros moitos perxudicados.
Primeiro están os pequenos propietarios que as grandes empresas, os propietarios da terra frente ós dominadores industriais que teñen recursos para pasar por riba dos dereitos dos máis humildes. Así nos vai.

Certo que as industrias extractivas son interesantes, pero tamén teñen importantes servidumes para o medio ambiente e as pequenas economías.

O tema seguirá a estar de actualidade E seguirá estándoo ata o momento en que desaparezan inxustizas e desigualdades, ata o momento en que teñan igualdade de dereitos os particulares que as grandes empresas. En tanto, seguiremos a falar de minas, canteiras, explotacións, agresións á natureza. Porque, mentras falemos, o problema non se solucionará pero terémolo presente.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES