Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O valor da amizade

lunes, 27 de agosto de 2018
Cando era nena tiña moitas amigas, primas, nenos e nenas da escola que por aquel entón era mixta.

Fomos medrando. Amigos das festas, casamos cada un polo seu lado. Algunhas veces viamonos e parolabamos das nosas vidas.

Visita obrigada cando alguén encamaba e a relación se mantiña. Pero xa co tempo empezaron a faltar. Teño moitos anos e xa casi non quedan amigas nin amigos. Só aqueles recordos que nos fixeron felices.

Agora de vellos volvemos a ir á escola da memoria. Temos uns amigos especiais e aprendemos historias que non veñen nos libros e que foron feitas por esas enrrugadas mans en tempos da guerra e da posguerra.

Situacións extremas de caer o home enfermo sin poder gañar e ter que ir ó xornal . Cando ía comprar á tenda o tendeiro dicialle :”leva o que che faga falta, que os nenos non pasen fame. Xa pagarás”.

Bo home ese tendeiro e boa nai que sempre acabou pagando.

Outra cuxa familia eran moitos irmans e a nai fíxolles os vestidos ós nenos coa cortina que lle deran dun teatro. Estaban tan amañados que os veciños preguntaban se lles tocara a lotería.

Un que de rapaz ía recoller pinaretas, e sempre de noite, para que non o viran. Vendíallas unha tia á que sempre lle estivo agradecido.

E así moitas máis historias.

Eu mesma, sendo nena, chamando nas vacas con un carro de leña pola rúa Travesa de Betanzos. Recordo que ía co meu irman maior e as nenas da vila miraban para min e chamábanme aldeana porque falaba galego e non vestía tan fino como elas.

Por iso sempre falo galego. Porque é a fala da xente que tanto quixen.

Estos amigos da memoria, da Asociación de veciños de San Xoan de Filgueira en Ferrol, son a recompensa que irá con nós ata o fin.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES