Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Falemos do tempo

jueves, 25 de octubre de 2007
As conversas sobre o tempo veñen sendo recurso doado para encher baleiros verbais que provocarían incomodidade.

Pero estas conversas poden e deben elevarse en canto a concepto, nun tempo coma este no que preocupa de xeito moi importante a evolución climática do planeta, e vimos experimentando os seus efectos nas modificacións que observamos nas estacións, nos fríos e nas calores, no florecemento das plantas fora do tempo habitual, nas choivas torrenciais, no tórrido sol... O tempo centra a nosa atención.

Pero os grandes temas do cambio climático, a desaparición de especies, o furado de ozono na atmósfera, quedan para as grandes discusións, para os congresos, para o estudio científico.

A nós, quédannos os temas de cada día, como o feito de que os nosos comerciantes perden cuantiosas sumas de diñeiro porque non se da vendido en cada tempada a roupa que de ordinario se vendía, e que neste momento está sen vender o setenta e cinco por cento da roupa de inverno porque o inverno aínda non chegou.

O falar do tempo seguirá a ser obrigado, pero agora xa non só para encher baleiros de conversas senón coa preocupación de ter que efectuar reaxustes segundo as circunstancias. O inverno vai vir, pero ó chegar tarde produciranos menos necesidades de mercar vestimenta, alterará os nosos xeitos de vivir. O mesmo pode ocorrer coa primavera, e logo co verán, e así sucesivamente.

Falar do tempo xa non é insustancial ou lugar común. Teremos que telo moi en conta de agora en diante.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania