Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Os merlos do Masma

miércoles, 24 de octubre de 2007
Ninguén pon en dúbida o papel primordial que os ríos -grandes e pequenos- representan nos feitos xeográficos, no binomio home-terra, na ecoloxía e na economía; no ser íntimo, en fin, da nosa terra. Os ríos constituen, polo tanto, un espacio vital no equilibrio da natureza e e súa importancia na vida humana resulta axiomática.

As correntes fluviais, ademais, ofrecen ó home múltiples atractivos que van, dende a posibilidade de practicar diversos deportes, ata a contemplación de panoramas de gran beleza plástica; daí que fose, ó longo da historia, motivo de inspiración para poetas e pintores, e refuxio espiritual para as almas sensibles.

A ecoloxía, o medio ambiente, o respecto e cuidado da natureza son conceptos ós que en tempos apenas se lles concedía algún valor. Hoxe, sen embargo, e ante o alarmante deterioro que está a sufrir a biosfera, coas graves consecuencias que a un plazo mais ou menos lonxano pode ter para a vida sobre a terra, prodúcese unha concienciación universal, e aqueles predicados, antano ignorados, na actualidade adquiren primacía sobre outras consideracións sempre presentes á hora de analizar e deseñar as actuacións da mais diversa índole, á búsqueda do progreso e a armonía dos pobos.

Pero tal sensiblilización, ó parecer, non chegou aínda a estes pagos; ou esa é a lección que parece extraerse si se considera o trato que está a recibir o Masma.

Río que nace na serra do Xistral, e no seu recorrido de corenta e cinco kilómetros, ata desembocar formando a ría de Foz (que non a do Masma), rega as fecundas e fermosas terras de catro concellos; é un dos ríos pioneiros de Galicia en orde á crianza de salmón, troita, lamprea, anguía... o que o converte en referente de grande atractivo para os pescadores.

A pesares desas consideracións, e outras que se podían facer, dun tempo, xa demasiado longo, a esta parte aparece sumido nun lamentable abandono. A él veñen a parar toda clase de residuos, o que fai pensar na deficiente efectividade das dúas depuradoras, de Mondoñedo e Lourenzá; non se limpa nunca o seu cauce; as silvas e ramaxes inundan todo e invaden as intransitables calzadas dos maltreitos camiños que o bordean, impedindo a práctica do sendeirismo, tan en boga, por un entorno de idílica beleza.

Por outra banda son mínimas as repoboacións de especies piscícolas e o río vai perdendo paseniñamente a súa capacidade reproductora. Un panorama francamente desalentador.

Hai maism de dez anos, e acuciados por toda esta problemática, creouse un colectivo denominado Asociación de Pescadores do Masma, ou algo así. Descoñecemos o grao de dedicación do mesmo a estes menesteres, pero a verdade e que a situación segue a ser igual de preocupante. Posiblemente os seus xestores se atopen unha e outra vez co muro infranqueable dunhas institucións moi pouco sensibles a certos valores.

Polos anos cincuenta a poeta focega Olimpia Pérez escribiu o fermoso Alalá do Masma, cuios primeiros versos dín:
Se recolles polo Masma / unha pola de ameneiro / intre as follas toparás/ o asubío dun merlo.
Hoxe os merlos, no Masma, morren de noxo.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES