Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 22 de agosto de 2018
A fonte do Muíño

Eu ía pouco á fonte do Muíño. Porque me quedaba a desmán. A min quedábame mellor a fonte da Lameira. Ás veces, porque oías que a do Muíño era máis fresca que a da Lameira, non quedaba outra que ir ata alá. Pero axiña puña de pretexto a distancia. E entón volvía á fonte da Lameira, que me quedaba moi cerquiña da casa. Cando máis paseos daba á fonte do Muíño era na época das mallas, principalmente cando mallabamos nós ou cando había medas na aira do Trono e na aira do Forno. Na aira do Trono había unha meda fixa: a nosa. Porque nós traballabamos as leiras do José, O Trono. E tiña unha aira. Era o único caso que eu coñecía en que tivese unha persoa soa unha aira. Lémbrese que as airas adoitan ser dun certo número de veciños. Á beira mesmo está xa a aira do Forno, e alí si adoitaba haber máis dunha meda. Así é que cando se mallaba nesas dúas airas, ós que aínda non eramos homes non nos quedaba outra que abastecer ós “homes”. A base de auga fresca. A base de auga fresca da fonte do Muíño. Porque esa fonte si estaba máis preto desas airas que a fonte da Lameira. A fonte do Muíño, para quen non o saiba, está no fondo da carreiriña que parte do bar Gándara, en Baños de Molgas.Pingas de orballo

Segunda quenda das vacacións

Acabouse o que se daba. As vacacións. Parte das vacacións. Aínda quedan uns días. Imaxino que para a vendima. Nesta segunda quenda si houbo uns días perfectos. Só sete, pero bonitos, bastante tranquilos e, iso si, moi viaxeiros. Por Asturias adiante. E choutando por tres veces a Cantabria. Lugares que xa vira. Lugares que vin por primeira vez. Os que xa vira, vinos de novo porque gustan sempre. Sei que, a maioría, ó falarlle de Asturias, as súas mentes viaxan ata Covadonga. A miña cruza polos desfiladeiros de Los Beyos e de La Hermida. Si, fun a Covadonga, pero non subín ós Lagos. Eu xa os vira dúas veces, os rapaces “pasaban” moito deles, e non estaba disposto a pagar 36 euros por ir no autobús. Agora xa non deixan subir os turismos. O Parque Natural de Cabárcenos, moi ben, pero a min gustoume incluso máis a propia paisaxe (moi semellante á das Médulas) que os animais en si. Estes vémolos a diario nos documentais da 2. Unha recomendación: non vaiades os mércores (que é gratis) ó museo xurásico de Asturias, porque aquilo é un formigueiro de xente e de nenos, que dificultan moito a visión do museo. Por certo, descubrín que Xoel é todo un especialista en dinosauros. Un día de praia, andainas e xa está.Pingas de orballo
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES