Silencio da Igrexa nos casos de abusos pedófilos
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - lunes, 20 de agosto de 2018
Aproveitei a liturgia do DIA DA ASUNCION, para denunciar a actuación dos sacerdotes pederastas e o silencio da xerarquía eclesiástica ante tales abusos.
Na homilía dixen que resulta rechamante que feitos como os que agora están saíndo á luz sucedan con persoas que teñen a Deus por norte, e explico que sexan ou non públicos, son unha vergonza.
En canto á postura da Igrexa, tamén cuestiono a súa forma de actuar, evitando a cuestión, sen mirar aos ollos danados da vítima, e considero terroristas a todos aqueles que co seu silencio trataron de ocultar a podremia da acción.
Son terroristas, segundo o meu xeito ver o sucedido, porque terror é o que sente o que o padece. Terror o que sofre cando non pode contalo. Terror dálle pensar en denunciar, e terror que vai desaparecendo cando vai curando a ferida.
Conclúo sinalando que o Deus misericordioso non está a rifar co código civil dunha sociedade democrática e subliño, así mesmo, que son escasos os pedófilos en relación ao número total de sacerdotes.
ISTO FOI O QUE FALEI, xa que María é nai. E por iso tamén falei da así mesmo fale da dor dunha nai ante a droga e os accidentes de tráfico, na que morren moitos dos seus fillos/fillas.
(Luis Ángel Rodríguez Patiño é cura de Momán e Labrada).

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora